Noticias

Os Trens Turísticos de Galicia prevén máis de 20 saídas e novas rutas en outono tras acadar un 94% de ocupación no verán

Entre os itinerarios que se porán en marcha ao longo das vindeiras fins de semana atópase a Ruta dos Mosteiros, unha das novidades deste ano, que permite achegarse ata os xardíns do Pazo de Oca, no concello pontevedrés da Estrada; ao mosteiro de Carboeiro, en Silleda; ao mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, ou ao templo da Veracruz do Carballiño, ambos na provincia de Ourense. Os participantes rematan a xornada no balneario de Caldas de Partovia, onde poderán gozar das súas augas termais, completando así unha oferta moi atractiva que incorpora ao programa de visitas espazos emblemáticos do noso patrimonio.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do xerente da Área Comercial de Renfe, Javier Díaz Trisac, e do presidente do Inorde, Rosendo Fernández, presentou hoxe a tempada de outono dos Trens Turísticos de Galicia e fixo balance da edición estival. Como avanzou, ao longo dos meses de setembro e outubro hai programadas 22 saídas, con novas rutas, melloras e novidades que amplían máis aló do verán o éxito desta experiencia que cumpre xa seis edicións.

Os Trens Turísticos de Galicia acadaron unha ocupación do 94% nas 34 saídas entre os meses de xuño e agosto, o que amosa a súa consolidación como un dos produtos turísticos máis demandados polos galegos e visitantes. “O público volve a avalar esta proposta que impulsamos entre a Xunta, Renfe e o Inorde, unha iniciativa na que traballamos cada ano cun convencemento: cando algo funciona, hai que melloralo”, declarou a directora.

Como sinalou Nava Castro, malia que a tempada estival é importante para o turismo, trátase dunha actividade que, no modelo sustentable galego, aspira a ser relevante en calquera época. “Porque hai motivos para visitar Galicia tamén en outono, inverno e primavera”, dixo.

Nesa liña, salientou que afondar na desestacionalización da demanda é un dos obxectivos da Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento que diferenza a Comunidade como destino, unha folla de ruta consensuada co sector con retos, compromisos e oportunidades comúns, dotada con 240 millóns de euros e que aposta pola excelencia e pola autenticidade.

Patrimonio e termalismo

Entre os itinerarios que se porán en marcha ao longo das vindeiras fins de semana atópase a Ruta dos Mosteiros, unha das novidades deste ano, que permite achegarse ata os xardíns do Pazo de Oca, no concello pontevedrés da Estrada; ao mosteiro de Carboeiro, en Silleda; ao mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, ou ao templo da Veracruz do Carballiño, ambos na provincia de Ourense. Os participantes rematan a xornada no balneario de Caldas de Partovia, onde poderán gozar das súas augas termais, completando así unha oferta moi atractiva que incorpora ao programa de visitas espazos emblemáticos do noso patrimonio.

Tamén funcionará o tren Lugo Romano, que incorpora nesta ocasión teatralizacións a cargo de actores caracterizados como personaxes históricos que farán unha serie de aparicións sorpresa ao longo do percorrido. Neste tren, o viaxeiro coñece a muralla romana, Patrimonio Mundial da Unesco, co Centro de Interpretación da Muralla e co xacemento da Domus do Mitreo. Ademais de pasear polo casco vello, a viaxe remata no Balneario de Lugo.

Outra das melloras desta edición outonal será o tren Ourense Termal e Versalles Galego, ao incluír tamén o Pazo de Oca, a catedral de San Martiño, na cidade das burgas, e as termas de Outariz, consolidando unha terceira opción que conxuga patrimonio, turismo urbano e termalismo, tres dos segmentos do modelo turístico galego de calidade e autenticidade.

Amais, seguirán a circular trens como a Ruta dos Faros, xa sen prazas dispoñibles ao acadar un 100% de ocupación, o tren das Rías Baixas e da Ribeira Sacra do Miño, outra das novidades deste ano. Mantense, así mesmo, a Ruta do Viño Monterrei, a Ruta dos Viños de Valdeorras e da Ribeira Sacra, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra do Sil e a Ruta da Lamprea.

Información e billetes

Toda a información pódese atopar tanto na web de Turismo de Galicia como na de Renfe, onde mercar tamén os billetes. As rutas inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús. Teñen un prezo por itinerario de 40 euros para adultos (con descontos do 15% para grupos de 10 ou máis adultos) e 20 euros para os nenos con idades entre os 3 e os 13 anos.

R., 2018-09-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES