Noticias

Accións conxuntas sobre o Camiño Portugués de Galicia e portugal

O Goberno galego e o de Portugal promoverán un acordo de colaboración entre os departamentos de Turismo de ambos gobernos, polo que a Secretaría será o interlocutor sobre os camiños de Santiago no país veciño ademais de ofrecer a súa experiencia para a xestión da ruta no seu territorio. Así o acordaron na reunión que mantiveron na capital portuguesa o director do Xacobeo e a secretaria de Estado do Turismo de Portugal. Nesta xuntanza tamén se acordou estudar a posibilidade de realizar accións de promoción conxunta, incluíndo á entidade Turespaña, en mercados turísticos internacionais como EE.UU, Brasil ou China.

Ademais, Turismo de Portugal mostrou o seu interese pola creación dunha páxina web específica sobre os camiños de Santiago que atravesan o territorio portugués , de xeito que estaría interconectada co sitio na Internet de Turismo de Galicia caminodesantiago.gal ao obxecto de ofrecer unha visión unitaria da ruta xacobea portuguesa.

Por último, a secretaria do Turismo do Goberno portugués mostrou o seu interese por visitar Galicia e coñecer ‘in situ’ a xestión do Camiño en Galicia, especialmente a rede de albergues públicos.

Con 35.616 peregrinos ata agora, o Camiño Portugués é a segunda ruta xacobea máis transitada no que vai de ano, unha vía que percorreron en 2015 un total de 43.151 peregrinos.

Portugal foi o ano pasado o quinto país en número de peregrinos, con 12.481 persoas que realizaron o Camiño de Santiago.

R., 2016-08-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES