Notas de prensa

Camilo Nogueira e José Posada, nomeados Membros de Honra da Associaçom Galega da Língua

O nomeamento como Membros de Honra refrendouse na asamblea da Associaçom Galega da Língua (AGAL) celebrada en Santiago.

José Posada e Camilo Nogueira ven así recoñecido publicamente o seu compromiso co idioma galego, un compromiso que os levou a ser os primeiros parlamentarios que se expresaron en galego nas institucións europeas.
O nomeamento, agora refrendado polos asociados da AGAL, fora aprobado no pasado mes de novembro polo Conselho Directivo da asociación a proposta do seu presidente, Bernardo Penabade. Con esta iniciativa recoñécese publicamente o labor destes dous políticos que, desde organizacións diversas -Nogueira (BNG) e Posada (Coalición Galega)-, polo uso continuado do idioma galego na Eurocámara, en consonancia cos postulados defendidos pola AGAL.
Outros Membros de Honra
Desde que fora fundada en 1981, a AGAL nomeou Membros de Honra os académicos Ricardo Carvalho Calero e Jenaro Marinhas del Valle. Esa mesma distinción fora outorgada ao destacado poeta e investigador Ernesto Guerra da Cal e ao patriarca dos escritores galegos, o comediógrafo galego radicado en Buenos Aires Ricardo Flores.
Actualmente tamén goza desta distinción o profesor Higínio Martins, discípulo de Blanco Amor e actual docente de Língua e Literatura nas entidades galegas de Buenos Aires.

Associaçom Galega da Língua, 2005-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo_galicia.jpg) Galicia remata o 2018 cun excelente resultado empresarial no sector turístico, tal e como reflicte o informe presentado hoxe por Exceltur, Alianza para a excelencia turística, no que fai balance da evolución no pasado exercicio e expón as perspectivas para o 2019. En ambos casos, a Comunidade galega aparece como unha das mellor situadas a nivel nacional. De feito, é a sexta autonomía cun maior crecemento tanto en ventas como en resultados e colócase terceira para o novo ano. En concreto, no que se refire ás ventas, o sector turístico experimentou un aumento do 3%, segundo os datos recollidos pola Enquisa de Clima Turístico Empresarial realizada por Exceltur.
Foto de la tercera plana (camilo_jose_cela_3.jpg) A Fundación Galega Camilo José Cela conmemorará con diversos actos neste 2019 o 30 aniversario da concesión do premio Nobel ao escritor padronés. Como comezo desta programación mañá, o cemiterio de Santa María de Adina acollerá unha ofrenda floral, ás 11,30 horas, na que participarán a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, o alcalde do Concello de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o alumnado do IES Blanco Amor de Ourense que procederá á lectura dun texto do autor galego. Neste acto participará tamén Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, coa que a Fundación Pública chegou a un acordo de colaboración neste 2019.

Notas

A nova programación de artes escénicas de Santiago ofreceralle ao público compostelán 25 espectáculos, dos que 10 chegan á cidade a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto de exhibición que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e en colaboración coas entidades locais xestoras dos seus 40 espazos asociados.
Poderanse acoller as pemes que conten con plans empresariais que oscilen entre os 50.000 e os 2 millóns de euros e que pertenzan a algún destes sectores: industrias extractivas; industria manufactureira; tratamento e eliminación de residuos; reparación de vehículos de motor e motocicletas; depósito, almacenamento e manipulación de mercadorías; hoteis e aloxamentos similares; información e comunicacións; e servizos técnicos ou outros servizos de apoio a industria.
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania