
O Teatro Municipal de Tui acolle do luns 5 ao venres 9 de abril, coincidindo coas Festas de San Telmo a II Semana do Teatro Afeccionado organizada pola Concellería de Cultura de Tui. A iniciativa que se puxo en marcha o ano pasado contou con gran éxito de público e foi valorada positivamente polas asociacións de tal xeito que o Departamento de Cultura organizou esta segunda edición.
Esta actividade foi presentada en rolda de prensa polo Alcalde, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e un representante de cada un dos grupos que van actuar.
Esta II Semana do Teatro Afeccionado comezará o luns a cargo do grupo de teatro da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns que porá en escena O cego de Fornelos. O martes días 6 será a quenda do grupo Caldemiños da Asociación Cultural A Insua de Caldelas con Os borrachíns. O mércores a cita será co grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui que presenta A Herdanza. O xoves Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas porá en escena As fillas do taberneiro. E por último venres actuará o grupo de teatro do Centro San Xerome coa obra Son nú que inclúe e a actuación do grupo Xerock.
Todas as representación comezarán ás nove da noite. A entrada, sen numerar, ten un custe dun euro, e debe retirarse dende hora e media antes da función no despacho de billetes.
Con esta actividade a Concellería de Cultura fai unha aposta polos grupos de teatro afeccionados que hai nos centros culturais das parroquias tudenses, así coma do Centro Sociomunitario de Tui e do Centro San Xerome da Guarda brindándolles a oportunidade poder actuar no Teatro Municipal con toda a infraestrutura precisa e nas mesmas condicións que unha compañía profesional. O edil de Cultura, Moisés Rodríguez, salientou amais que a cultura da cidade está viva e activa grazas ao traballo de moitas persoas en relación as actividades que se desenvolven nos centros culturais da parroquias. Desexou que o público volva encher o teatro coma en 2009.
Pola súa parte o Alcalde, Antonio Fernández Rocha, manifestaba que non hai mellor forma de comezar as Festas de San Telmo que coa nosa xente en referencia aos grupos que van participar nesta Semana.
Os representantes dos distintos grupos teatrais amosaron o seu agradecemento por poder actuar na Área Panorámica. Así Cristina Fernández do Centro Cultural San Fins daba as grazas por esta oportunidade, engadindo que é un privilexio actuar na Área Panorámica. Pilar Villaverde do grupo Caldemiños expuña que a obra Os borrachíns que van representar está ambientada no rural galego.
Maximino Fernández do grupo Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui agradeceu ao concello esta oportunidade e fixo unha invitación ao público a acudir. Mentres Tomás Alonso do Centro Cultural Seixos Albos de Areas explicaba que As fillas do taberneiro, a obra que van representar, é divertida para que a xente poida disfrutar dela.
Por último Feliciano Valcárcel do Centro San Xerome falaba de Son nú a obra da Fundación Igualarte dirixida por Cristina Lago e Yolanda Honrubia que está interpretada por 7 bailaríns e 5 músicos. Ao remate da representación actuará o grupo Xerock coma explicaba Carlos, un dos seus integrantes.
II Semana do Teatro Afeccionado de Tui
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Programación:
Luns 5 ás 21h
o Grupo de teatro da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns con O cego de Fornelos
Martes 6 ás 21h
o Grupo Caldemiños da Asociación Cultural A Insua de Caldelas con Os borrachíns.
Mércores 7 ás 21h
o O grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui con A Herdanza.
Xoves 8 ás 21h
o O grupo Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas con As fillas do taberneiro.
Venres 9 ás 21h
o O grupo de teatro do Centro San Xerome coa obra Son nú que inclúe e a actuación do grupo Xerock.
Entradas: 1 - á venda dende ás 19.30h
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.