
Durante a próxima Semana Santa diferentes igrexas de Santiago acollerán a quinta edición do Festival de Músicas Contemplativas. Trátase dunha iniciativa cultural ligada ao patrimonio da cidade histórica de Santiago, creado e organizado polo Consorcio de Santiago, e que, este ano, conta coa colaboración da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo. Segundo anunciaron en rolda de prensa o director-xerente do Xacobeo, Ignacio Santos, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e o xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva Prieto, en total serán 15 concertos que terán como escenario 7 espazos históricos da cidade e nos que se darán cita tradicións musicais de oriente e occidente, nunha sorte de diálogo cultural.
AsÃ, entre o 29 de marzo e o 3 de abril as igrexas de San Martiño Pinario, Convento do Carme, San Francisco, San Paio de Antealtares, Ãnimas, Universidade e a Capela do Hostal dos Reis Católicos acollerán diferentes concertos de grupos instrumentais e solistas vocais de Europa, Asia e América, representantes de diferentes tradicións musicais, e cuxas músicas soarán en latÃn, grego, hebreo, árabe ou mongol, entre outras linguas. Os artistas proceden de Inglaterra, Vietnam, Francia, Mongolia, India, Exipto, Finlandia, Azerbaixán, Irán, Italia, Ouzbekistán e Estados Unidos.
Trátase polo tanto dun festival que transmite un forte compromiso intelectual no marco dun mundo cada dÃa máis globalizado; unha iniciativa que quere abrir pontes, fomentar o coñecemento entre os pobos e as culturas e ser un diálogo musical aberto.
O Festival de Músicas Contemplativas está moi relacionado co patrimonio histórico de Santiago, polo que ao pracer de escoitar únese o pracer de contemplar a riqueza histórica e artÃstica das diferentes igrexas da cidade histórica compostelá. A polÃtica de recuperación do patrimonio arquitectónico levada a cabo polo Consorcio de Santiago ten nesta nova edición do Festival de Músicas Contemplativas un dos seus obxectivos prioritarios: dotar dunha nova dimensión a impresionante herdanza histórica e monumental dos edificios restaurados, converténdoos durante uns dÃas en escenarios de primeiro nivel dun evento pensado para escoitar e contemplar.
O programa
O Festival arrinca o luns 29 de marzo co grupo inglés de música antiga The New London Consort, que na igrexa de San Francisco interpretará pezas de Bach e Praetorius, e coa cantante vietnamita Houng Thanh, na igrexa da Universidade. O dÃa 30 de marzo será o turno de Fretwork Ensemble (Inglaterra), de Les Éléments (Francia) e da cantante procedente de Mongolia, Urna. O 31 de marzo as igrexas de San Martiño Pinario, Ãnimas e Universidade acollerán os recitais de, respectivamente, Divana Ensemble (India), Enma Kirby & London Baroque (Inglaterra) e Sheikh Taha (Exipto). O 1 de abril actuarán a Helsinki Baroque Orchestra, o Hilliard Ensemble e o grupo procedente de Azerbaixán Alim & Fargana Qasimov. O 2 de abril, a Capela do Hostal dos Reis Católicos será escenario para a música e a poesÃa mÃstica persa de Parissa. Tamén nesa xornada actuarán Il Suonar Parlante (Italia) e o Monâjat Yultchieva (Ouzbekistán). Finalmente, o 3 de abril pechará o festival a agrupación Kenneth Weiss, de Estados Unidos.
Dentro dos programas do Consorcio, a iniciativa do Festival de Músicas Contemplativas, creado no 2006, ven a ser un eslabón máis dentro da rede cultural que o organismo está a tecer de estruturas permanentes. Tal é o caso da consolidación da Real FilharmonÃa de Galicia, a Escola de Altos Estudos Musicais, a creación do programa de cultura cientÃfica “ConCiencia”, o “Compostela Organum Festival”, o “Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana” ou o programa de publicacións.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.