Notas de prensa

A Real Academia de Bellas Artes de Madrid acolle unha retrospectiva de Maruja Mallo

A obra da artista galega Maruja Mallo exhíbese nunha mostra retrospectiva na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, onde foi inaugurada pola ministra de Cultura Ãngeles González-Sinde. Amósanse un total de 142 pezas da considerada gran transgresora da xeración do 27.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, mantivo en Madrid un encontro informal coa ministra de Cultura, Ãngeles González-Sinde, no que lle transmitiu a necesidade dunha maior implicación da Presidencia Española da Unión Europea con Galicia e coa celebración do Xacobeo 2010. Este encontro tivo lugar tras a inauguración da exposición retrospectiva sobre Maruja Mallo na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

Segundo o conselleiro Roberto Varela, “desde a Consellería de Cultura e Turismo estamos a promocionar o Xacobeo 2010 e a cultura galega no exterior con valentía e decisión”. “Do mesmo xeito, reclamámoslle ao Goberno central unha implicación efectiva ao mesmo nivel na defensa do Ano Santo, con pasos firmes e actos concretos dentro da programación cultural da Presidencia Española da Europea”, explica. Neste sentido, Roberto Varela recordou que dos 419 actos culturais programados pola Presidencia Española da Unión Europea “só catro son en Galicia, unha demostración palpable da falta de compromiso do Goberno central coa celebración do Ano Xubilar Compostelán na nosa Comunidade”. “Non responde a un reparto equitativo”, engadiu.

Asemade, a decisión de que A Coruña non acolla definitivamente a reunión de ministros de Cultura da Unión Europea “supón outra oportunidade perdida polo Goberno central para amosarlle ao mundo a relevancia dun acontecemento histórico como é o Xacobeo”. Respecto aos motivos de “equilibrio territorial” esgrimidos polo Goberno central para tomar esta decisión, o conselleiro asegurou que non se entende neste ano de celebración do Xacobeo. "Ese reparto é lóxico en calquera outra circunstancia, pero este ano non ten tanta lóxica”, asegurou. Na súa opinión, o Executivo central debería facer “unha excepción” no reparto de actos europeos.

Artista universal

A exposición “Maruja Mallo”, organizada pola Fundación Caixa Galicia coa colaboración da Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC), ofrece unha oportunidade única de gozar dunha ampla escolma da xenial obra pictórica da artista viveirense. Representa a maior e exhaustiva retrospectiva de Maruja Mallo feita ata o momento, que, tras o seu paso por Vigo reúne en Madrid 142 pezas que conforman a maior e máis exhaustiva retrospectiva dedicada á gran transgresora da xeración do 27. Este proxecto expositivo recupera e defende a determinante achega de Maruja Mallo ás vangardas do século XX.

Segundo Roberto Varela, Maruja Mallo foi unha "muller valente na súa forma de ser e expresarse artisticamente, formando parte da vangarda surrealista nun lugar de honra”. “A súa obra demostra que a calidade non entende de fronteiras e transforma aos nosos creadores en artistas universais”, destacou.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-01-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES