
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director xeral de Premoción e Difusión da Cultura, Francisco López, presentaron en rolda de prensa na Biblioteca Anxel Casal a iniciativa “Libros sobre rodas”, dentro dos actos do Ano do Libro e da Lectura. O conselleiro identificou o evento, como o primeiro dunha programación “variada, equilibrada e plural” que representará a “meirande oportunidade para divulgar a nosa literatura”.
Roberto Varela recalcou na presentación de “Libros sobre rodas” o obxectivo prioritario que manexa a ConsellerÃa nesta iniciativa como “reactivar a motivación para ler” xa que “acadar mellores lectores contribúe a fomentar a igualdade de oportunidades e derruba as barreiras discriminatorias baseadas na capacidade”.
Para o conselleiro “o libro galego é un medio estratéxico para mostrar a nosa identidade e promover a nosa lingua, un instrumento útil tanto para a expresión da nosa creatividade literaria como para a visibilización da nosa cultura”. O esforzo da ConsellerÃa situarase na busca da concorrencia de todas as circunstancias necesarias para acadar a “viabilidade deste sector que resulta, sen dúbida, estratéxico tanto no eido social como no cultural”.
O titular de Cultura expresou o compromiso da ConsellerÃa coa lectura incidindo na idea de que “o seu primeiro grande programa de accións céntrase no libro”. Asemade, o conselleiro lembrou que “a nosa literatura goza de excelente vitalidade” e destacou algúns dos senlleiros autores clásicos como “MartÃn Códax, RosalÃa de Castro, Ãlvaro Cunqueiro ou Camilo José Cela.
A iniciativa “Libros sobre rodas” impulsará o interese pola lectura entre os galegos a través da a posta en marcha dun autobús promocional que nunha primeira xira partindo dende Santiago, percorrerá 14 vilas galegas. Este autobús está equipado para labores de dinamización cultural e contará cun equipo de animadores, que realizarán actuacións promocionais na rúa, baseadas no obxecto da campaña. Amais, distribuirá gratuitamente máis de 4000 exemplares do volume A grande aventura do libro, centrado na historia da edición da obra impresa, cunha atención especial ao libro galego.
Nun primeiro circuÃto, o autobús percorrerá un total de 14 vilas, logo de cubrir unha distancia que roldará os 1000 km consonte o calendario fixado e que abrangue as catro provincias galegas: 25 de xaneiro en Santiago de Compostela; 26 en LalÃn, 27 en O Saviñao, 28 en Sarria, 29 en Viana do Bolo, 30 en Celanova, 31 en Ribadavia, 1 de febreiro en VerÃn, 2 en Ponteareas, 3 en VilagarcÃa, 4 en A Pobra do Caramiñal, 5 en Betanzos, 6 en Narón, 7 en Vilalba e rematará en Ribadeo o 8 de febreiro.
O espectáculo central buscará estimular a curiosidade ou o interese do público, como base para acceder a novas dimensións de pracer pola lectura. Con este fin, o público accederá ao autobús por un espazo simbolicamente escuro, canto á estrutura, para acceder, a través del, á beleza e á luminosidade do coñecemento. Como remate, os visitantes reciben o agasallo dun volume A grande aventura do libro, onde encontrarán as orixes e a evolución do libro como instrumento básico da cultura ao longo da historia, exposto dun xeito ameno e sinxelo.
Xacobeo 2010 e Ano da Lectura
A coincidencia destas dúas celebracións responde á idea, por unha parte, de lle dar un contido vencellado á palabra escrita a unha conmemoración cunha forte carga de comunicación entre persoas e pobos, que vén achegando a Galicia a mensaxe da peregrinación desde hai miles de anos; por outra parte, e dado que a afluencia de visitantes á nosa comunidade aumentará por este motivo, a ConsellerÃa aproveita a oportunidade para pór ante o público do exterior o produto da nosa creación e da nosa industria editorial, que na actualidade está situado nos mellores niveis de calidade do mercado internacional.
As actuacións previstas céntranse en reforzar accións que se veñen realizando en prol do libro e da lectura. No entanto, a programación refórzase con iniciativas novas, que permitan achegar dun xeito máis eficaz a creación literaria galega e a produción escrita en xeral a toda a cidadanÃa galega e aos visitantes que no 2010 acudan a Galicia. Para este obxecto, está previsto desenvolver un amplo programa de actuacións, distribuÃdas en cinco grandes eixes: animación cultural, difusión da cultura, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e mellor ada xestión do libro e bibliotecas.
Exposicións e “poesÃa nos camiños”
Durante o Ano do Libro e da Lectura, a ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, porá un interese especial en colaborar en congresos e homenaxes e outros actos conmemorativos, derivados, por unha parte, da celebración do centenario do nacemento de dúas das personalidades sobranceiras da cultura galega, Gonzalo Torrente Ballester e Luis Seoane, e, por outra, da difusión da figura e da obra de RosalÃa de Castro, a autora galega de meirande transcendencia, e de UxÃo Novoneyra, a quen este ano se lle dedica o DÃa das Letras Galegas.
Asà mesmo, e dado que a campaña se desenvolve durante o Ano Santo Xacobeo, está previsto realizar máis de trinta espectáculos, no que se unirán a música e a poesÃa, para achegar a voz das creadoras e dos creadores deste xénero literario a concellos dos nove camiños de peregrinación que conflúen en Compostela.
Nesta iniciativa, a ConsellerÃa de Cultura e Turismo achegará a voz da lÃrica galega actual a puntos xeográficos das catro provincias, a través dos itinerarios que nos conforman como destino cultural e espiritual de Europa.
Fomento da lectura e da escrita
Polo que respecta ao fomento da lectura e da escrita, continuarase apoiando e reforzando toda a actividade de obradoiros, conferencias, coloquios, recitais e outras intervencións desta natureza. Por suposto, seguirase atendendo as necesidades especÃficas de colectivos importantes, como o do público infantil e xuvenil, e tamén as derivadas da especial configuración demográfica da comunidade. Do mesmo xeito, a ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, continuará o proceso de modernización das bibliotecas públicas, os sistemas de atención ao usuario e mais os procesos internos, que facilitan unha atención de calidade en toda a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.