
A exposición é a Historia en imaxes de homes e mulleres que traballan nas fábricas, no campo, no mar, e mirando atentamente podemos observa-los avances na tecnoloxÃa, os cambios na relación entre as persoas e as máquinas e a tendencia ao predominio destas en detrimento das primeiras. Os rostros anónimos amosan os verdadeiros construtores da Historia e da súa evolución. A Exposición poderá ser visitada no anexo da sala municipal de exposicións da Biblioteca Municipal, rúa Colón nº 2, ata o mes de febreiro.
España século XX: escenas do traballo” é unha exposición fotográfica organizada pola Fundación 10 de Marzo, do sindicato Comisións Obreiras, que persegue dar a coñecer un aspecto da realidade como é o do traballo. Esta exposición chega a Tui coa colaboración da ConcellerÃa de Cultura do Concello de Tui. A exposición consta dunha colección de 65 fotografÃas en branco e negro. Cronoloxicamente, cobren un perÃodo comprendido entre 1900 e 1997; é dicir, ilustran o século XX galego e español case na súa totalidade e a temática xeral é o traballo.
As fotografÃas organÃzanse en tres grupos: O primeiro grupo, Os “traballos tradicionais”, reúne imaxes dos traballos máis antigos como son a agricultura, a construción, a minerÃa e o propio servizo doméstico. Un segundo grupo, en cambio, reúne fotografÃas do traballo nos talleres industriais, desde os comezos do século ata a actualidade. Este grupo de fotografÃas está reunido baixo o tÃtulo de “o taller”. O terceiro grupo, “Mulleres e homes”, é un contrapeso do anterior. Desaparece a maquinaria da escena, e homes e mulleres regresan ó primeiro plano de maneira individual e colectivamente. Contén retratos de tipos populares e, polo tanto, anónimos.
ReflÃctense igualmente aspectos do traballo como a propia emigración española, momentos como a entrada nos vestiarios, a hora do xantar no lugar de traballo e o tempo de lecer. Por fin, inclúense unha serie de actividades e ritos que forman parte da cultura do traballo, como a celebración de asembleas e manifestacións ou a folga.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés RodrÃguez Pérez, esta exposición abrangue varios obxectivos de carácter cultural. Primeiro, ao dar a coñecer un aspecto da realidade cotiá, como é o traballo. Pero esta realidade amósase dende unha dobre perspectiva: o seu aspecto histórico e artÃstico, pois a fotografÃa é testemuña da vida pero tamén ábrese á creatividade. Por outra banda, esta mostra reflicte o traballo da Fundación 10 de marzo de divulgación dun valioso patrimonio documental e gráfico procedente de diversos arquivos sindicais, de empresa (como a Empresa Nacional Bazán de Ferrol) e de particulares.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.