Notas de prensa

Entregados os diplomas da fase autonómica da Olimpíada Española de Bioloxía

Os tres rapaces representarán a Galicia na fase nacional, que se celebrará en Valencia en marzo de 2010. à Olimpíada concorreron 75 estudantes de toda a comunidade galega. As universidades galegas ofrecen aos premiados unha axuda en material informático.

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, clausurou en A Coruña a Fase Autonómica Galega da V Olimpíada de Bioloxía, na que entregou os diplomas acreditativos aos tres gañadores do certame, que representarán a Galicia na Fase Nacional que se celebrará en Valencia entre o 25 e o 28 de marzo de 2010. Os premiados foron Jose Manuel de María Prieto e Carlos Rodríguez Sáez, ambos alumnos do CPR Marista Cristo Rey, de A Coruña; e Xarxa Quiroga Ãlvarez, do IES Virxe dos Ollos Grandes, de Lugo.

No transcurso do acto Vázquez Abad mostrou a súa satisfacción ao comprobar a calidade do sistema educativo galego, que permite que os nosos estudantes compitan ao máis alto nivel cos do resto do Estado, e incluso estean presentes na disputa internacional. Destacando a alta participación nesta olimpíada, á que concorreron 75 estudantes, o conselleiro de Educación animou aos gañadores e ao alumnado galego a seguir traballando con tesón no estudo, co fin de acadar a excelencia que dea pulo á sociedade galega do futuro. Ao dirixirse aos participantes o conselleiro dixo que “os gañadores serdes unha digna representación de Galicia e acadaredes un bo posto na fase final”, e ao conxunto dos participantes aseguroulles que “todos levades traballando arreo para ser acredores desta distinción, polo que merecedes a testemuña do noso recoñecemento polo esforzo realizado. Esta Olimpíada é un estímulo para o estudo e a investigación, ao tempo que este tipo de celebración permitirá que vos relacionades con máis persoas da vosa idade e con intereses comúns aos vosos pero de culturas moi diferentes”.

Paso á fase nacional

Durante as probas, nas que participaron 75 estudantes de 2º de Bacharelato, se desenvolveron ao longo da xornada de hoxe na Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña (UDC). Os concursantes tiveron que resolver unha proba teórica tipo test, e outra de carácter práctico cos contidos de Bioloxía da ESO, de 1º e 2º de Bacharelato; ambas referidas ao programa oficial: 'A Base Molecular e Fisicoquímica da Vida'. Para responder as cuestións plantexadas, os alumnos e alumnas só tiveron permitido o uso de útiles de debuxo e escritura, en ningún caso o de calculadoras, libros, táboas ou outros documentos distintos aos que proporcionara o tribunal.

Foi un tribunal delegado da Olimpíada Española de Biología (OEB) quen cualificou os exercicios e propuxo os nomes dos galardoados, que recibiron como premio a oportunidade de representar a Galicia no certame nacional que se vai celebrar en Valencia, así como a estancia na cidade durante os días das probas. Ademais, cada unha das tres universidades galegas conceden aos gañadores autonómicos ou estatais unha axuda en material informático por matricularse en calquera das súas facultades.

Os gañadores da Primeira Fase das comunidades autónomas, tiveron que resolver probas teóricas sobre contidos de Bioloxía incluídos nos programas de Bioloxía de 1º e de 2º de Bacharelato. Os 4 primeiros alumnos formarán parte do Equipo Olímpico de España na XXI Fase Internacional de Corea, que se vai disputar na segunda semana de xullo de 2010, en Valencia. Os 4 seguintes serán os representantes de España na IV Iberoamericana, que se celebrará en Perú en setembro de 2010.

No acto estiveron presentes os tres decanos das Facultades de Bioloxía de Galicia: Horaico Naveiras, de A Coruña; Jaime Gómez Márquez, de Santiago de Compostela e Pedro Pablo Gallego de Vigo. Tamén asistiu a presidenta do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, Mercedes Casal, a inspectora de Bioloxía, Berta Estrada; a directora do grupo de traballo de Bioloxía para a selectividade, María Ãngeles Bernal. Xunta a eles o delegado en Galicia e vocal nacional da Organización da Olimpíada, Pedro Nozal.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-01-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES