A curta galega X nada, nomidada aos Premios Goya
A curtametraxe galega codirixida por Toni Veiga e Dani de la Torre e producida por Ficción Producións, X nada, pasou a primeira fase de preselección dos Premios Goya, competindo na categorÃa de mellor curta de ficción. X nada xa conseguiu varios premios en festivais nacionais e internacionais.
A curtametraxe galega codirixida por Toni Veiga e Dani de la Torre e producida por Ficción Producións, X nada, pasou a primeira fase de preselección dos Premios da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, formando parte das dez curtametraxes de entre os que sairán os catro nomeados na categorÃa de mellor curto de ficción.
A curta, que opta agora ao seu galardón máis importante, xa conta no seu haber con cinco premios e unha trintena de seleccións en importantes festivais nacionais e internacionais (Portobello, Bogotá, Curtocircuito, Cans, Boca del Lobo, Cortogenia, Baumann…).
X nada, unha alegación en contra do acoso e a violencia entre a xuventude, narra de forma trepidante unha realidade ficcionada a través dunha estética e un enfoque propios do documental, con cámara ao ombreiro, plano imperfecto e idea de neutralidade, que o converten nunha “fiestra indiscreta”, a través da que se mostra ao espectador unha das fatalidades da nosa sociedade actual.
O equipo e a produtora, independentemente do resultado final da preselección, non teñen máis que agradecer a resposta por parte de público e crÃtica que está tendo a curtametraxe, considerando un gran logro para todos chegar ata esta fase.
MartÃn Cañedo (Ficción Producciones S.L.), 2009-12-17
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.