
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, recibiu o tÃtulo de Admiradora da Muralla que lle concedeu a Asociación de Amigos da Muralla. A delegada manifestou a súa honra por ter sido seleccionada para esta distinción, que recoñece o interese e o traballo que distintas persoas ou colectivos levan a cabo a prol do Monumento lucense por excelencia.
Na súa intervención, Arias referiuse precisamente ao caracter identificador que a Muralla ten para a cidade e incluso a provincia de Lugo. “Ten vida propia –afirmou- e un papel propio na historia, e as súas imaxes viaxan polo mundo dando fe de que na vella Gallaecia os romanos valoraron de tal xeito unha cidade que fixeron para gardala o anel máis fermoso e máis monumental destas terras da fin de mundo antigo”.
A delegada fixo fincapé no valor que a Muralla ten para a cidade, de xeito que co paso dos séculos mudaron os papeis, e a muralla que nacera “para protexer, abrigar, rodear, cinguir o Lugo histórico” vese hoxe “protexida e abrigada” por toda a cidadanÃa.
O continente –a Muralla- e o contido –a cidade- quedaron de tal xeito fusionadas “que esta obra tan magnÃfica non só quedou incorporada ao conxunto da cidade, senón que pasou a ser a súa imaxe, a súa representación, a súa xoia”, engadiu Raquel Arias.
Para rematar. Arias incidiu en que “Lugo non se entenderÃa sen este monumento” e destacou o impacto que a súa primeira contemplación provoca no forasteiro. Neste sentido, lembrou o seu propio descubrimento da Muralla sendo nena: “Era entón enorme, voluminosa, monumental, maxestuosa... e ségueo a ser”, asegurou.
O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, participou na presentación, ante os medios de comunicación, do último número da Revista Oral Ronda que edita dende hai nove anos a Asociación de Amigos da Muralla logo da proclamación deste monumento como Patrimonio da Humanidade. O nacionalista colaborou neste número co texto “A miña visión da Muralla de Lugo”. A delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, o ex delegado provincial da ConsellerÃa de Cultura en Lugo, Xoán Xosé Molina, o artista Juan Manuel Pardo Valdés, e o escritor e xornalista Xulio Xiz, quen abriu e presentou o acto, tamén participaron nesta iniciativa presentando cadanseu texto. No transcurso do acto, que tivo lugar na sede lucense da Fundación Caixa Galicia, o presidente da asociación organizadora e director da publicación, Alfredo Sánchez Carro, entregoulles aos catro colaboradores o tÃtulo de “Admiradores da Muralla”.
Ao remate da presentación da revista Ronda procedeuse á entrega dos galardóns aos tres gañadores do IX Concurso de Ornamentación da Ronda Interior da Muralla Romana de Lugo. A Asociación de Amigos da Muralla de Lugo impulsa este certame co obxecto de mellorar o aspecto da zona que circunda a parte inferior deste monumento Patrimonio da Humanidade. Un bo número de propietarios e/ou usuarios dos espazos colindantes á Muralla Romana participaron neste concurso presentando varias fotografÃas dun espazo ou edificación antes e despois dos traballos de adecuación e ornamentación realizados nos mesmos.Os gañadores do primeiro, segundo e terceiro premio recibiron un diploma e un cheque por valor de 3.005, 1.803 e 1.202 euros respectivamente.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.