
A Feira Internacional do Libro de Guadalajara de México (FIL), inaugurouse cunha relevante presenza galega mediante a exposición compartida entre a ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, e as 24 distintas editoriais reunidas pola Asociación Galega de Editores. Considérase a FIL como o máis importante evento do libro no continente americano, coa presenza de editoras de 40 paÃses e 600.000 visitantes, dos que 17.000 corresponden ao sector profesional.
Galicia está representada na Feira no só pola mostra da última produción editorial en lingua galega, senón tamén pola intervención directa en actos e reunións de carácter profesional, do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López; o presidente da Asociación Galega de Editores, Alfonso G. Sanmartin; os ilustradores Kiko da Silva e Carlos Portero; e dos escritores Alfredo Conde, Manuel Rivas e Fina Casalderrey, ademais de representantes de varias editoriais.
A primeira das actividades organizadas celébrase hoxe domingo cando a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura organiza un taller de ilustración e de banda deseñada a cargo de dous dos mellores ilustradores galegos do momento, Kiko Dasilva e Carlos Portela. Ata o dÃa de remate da Feira, o vindeiro 6 de decembro, a delegación galega participará noutras actividades de presentación de libros, lectura de poesÃa, mesas redondas e encontros profesionais, incluso en sesións de iniciación e animación á lectura con escolares e docentes mexicanos de educación primaria e secundaria.
Ano do Libro e da Lectura
No decurso desta edición da FIL, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura presentará o proxecto “2010 Ano do Libro e a Lectura”; e proporá que en 2011 a Comunidade galega sexa Convidada de Honra do evento feiral, tÃtulo reservado para unha rexión ou paÃs seleccionado pola entidade organizadora, que se converte en centro de atención do público profesional e visitante de cada edición. Este ano por primeira vez o convidado estrela é unha cidade, Los Angeles.
A Feira mexicana é unha das principais ferramentas que existen para dar a coñecer no exterior a produción editorial galega, a través dunha plataforma internacional que, desde a súa creación en 1987, se foi convertendo nun dos principais mercados mundiais do libro. Segundo datos da organización, á FIL acode anualmente unha media de 17.000 editores, axentes literarios, tradutores, distribuidores e bibliotecarios, que realizan transaccións comerciais e profesionais por un valor estimado de 16,7 millóns de euros, ao que se suman as vendas ao público visitante, estimadas en 5,3 millóns de euros.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.