O Instituto Galego de Consumo (IGC), adscrito á ConsellerÃa de EconomÃa e Industria, vén de publicar na súa páxina web as bases do acceso para inscribirse no xogo “Consumópolis 5: E ti de que vas?: A min mólame o consumo responsable”.
O xogo consiste nun percorrido pola cidade de Consumópolis, á que se accede premendo no logo que figura na web do IGC. Consiste en ir resolvendo diversas probas de carácter pedagóxico e lúdico, tanto de forma individual como en equipo, que se presentarán aos participantes ao longo do percorrido. As instrucións para a participación están recollidas nas bases que figuran publicadas na páxina do IGC.
A realización do xogo en-liña por cada un dos cinco compoñentes do equipo, permitirá a participación na fase autonómica, que se convocará no vindeiro mes de febreiro mediante o Diario Oficial de Galicia e na que se establecen premios para cada unha das categorÃas de participación, e na fase nacional, na que representarán á Comunidade Autónoma de Galicia os primeiros clasificados de cada unha das categorÃas.
Neste xogo realizado en-liña poderán inscribirse todos aqueles equipos, constituÃdos por cinco alumnos de idades comprendidas entre 10 e 16 anos, coordinados por un profesor, que estiveran inscritos previamente e que remataran a fase de xogo en-liña realizada a través da páxina web do Instituto Galego de Consumo (www.igc.xunta.es) /escola galega de consumo/concursos e certames.
As categorÃas nas que se pode participar son: 3º ciclo de Educación Primaria, 1º e 2º curso da ESO, 3º e 4º curso da ESO. Cada docente-coordinador recibirá unha comunicación vÃa electrónica da inscrición dos equipos que coordine, que deberá ser ratificada pola mesma vÃa. Os concursantes aparecerán en todo momento na páxina de Internet co nick elixido para preservar o anonimato e o perÃodo de inscrición no xogo estará comprendido entre o 13 de outubro e o 30 de novembro de 2009, ambos inclusive.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.