Notas de prensa

A Radio Municipal de Tui, en internet durante xullo

Xa é posible escoitar a Radio Municipal de Tui a través de internet. Isto é así grazas a colaboración establecida coa Conectatparty que se vai celebrar do 16 ao 19 de xullo no Pavillón de Sobrada, en Tomiño.

Dende o 1 de xullo é posible escoitar a Radio Municipal de Tui a través de internet. Isto é así grazas a colaboración establecida coa Conectatparty que se vai celebrar do 16 ao 19 de xullo no Pavillón de Sobrada, en Tomiño.

Deste xeito a RMT é accesible dende calquera ordenador con conexión a internet a través da páxina web www.conectateparty.org ou www.conectatparty.org durante todo o mes de xullo. Para iso só é preciso clickar no enlace que está accesible no sitio web.

Este salto á rede era moi demandado polos oíntes da emisora municipal tudense, sobre todos por aqueles que se atopan no estranxeiro, ou noutros puntos de España onde non chega a cobertura por ondas. Así dende a súa posta en marcha en internet rexistráronse xa conexións dende Londres, Irlanda, Barcelona, Madrid, A Coruña, ou Santiago de Compostela. Isto permitirá amais que en moitas oficinas onde carecen de receptor de radio poidan seguir a programación da RMT ao través do ordenador.



Radio Municipal de Tui, 2009-07-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (premios_comercio_galego_2018.jpg) Os Premios do Comercio Galego 2018 distinguen os establecementos a nivel provincial e autonómico que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto. Para iso, valórase a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web e as redes sociais como canles de comunicación e venda e a integración entre as canles online e offline.
Foto de la tercera plana (20181204_vicente_ferrer.jpg) Na X edición do Premio de Educación para o Desenvolvemento 'Vicente Ferrer' foron galardoados o IES Terras de Trasancos de Narón (A Coruña), por un proxecto titulado 'Árbore de Trasancos' e o CPI do Toural de Vilaboa (Pontevedra), polo proxecto titulado 'Mellores persoas para o mundo'. Este premio recoñece cada ano a quince centros docentes públicos pola realización de accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinadas a sensibilizar, concienciar e desenvolver o espírito crítico.

Notas

​A explanada da Fábrica de Tabacos albergará dende o mes de decembro unha instalación temporal, denominada Tribuna Pública, un espazo aberto para a participación, a exhibición e o intercambio de iniciativas artísticas, culturais e sociais sobre os terreos dos portos interiores da cidade e os seus futuros usos.
A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) mantivo este martes na USC unha reunión da súa comisión executiva na que se avanzou cara á súa consolidación como asociación sen ánimo de lucro, previa á creación dunha agrupación europea de cooperación territorial.
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania