Notas de prensa

Mundo Mestura exhibe as distintas realidades culturais que conviven en Ferrol

Unha feira de comercio xusto, obradoiros, danza, música e teatro de rúa son algunhas das actividades programadas nun Mundo Mestura que amosará as distintas realidades culturais que conviven en Ferrol.

A concelleira de Solidariedade e Benestar Social, Beatriz Sestayo, invitou a toda a cidadanía a participar no Encontro da Diversidade Mundo Mestura. Unha proposta que o seu departamento pon en marcha por segundo ano consecutivo co fin de tender pontes de unión entre as distintas culturas. De favorecer a interculturalidade a través do coñecemento. Dirixidas tanto a nenos como a adultos, a edil apuntou que as actividades terán lugar durante toda a fin de semana no Cantón de Molíns. Unhas datas significativas, xa que se encadran entre dous días especiais no calendario (o Día Mundial da Diversidade Cultural (21 de maio) e o Día de Ãfrica (25 de maio)). En Ferrol, o 23 e 24 de maio haberá obradoiros de artesanía típica dos diferentes países do mundo, teatro na rúa, bailes e mesmo unha feira de comercio xusto. Na súa organización colaboraron as diferentes asociacións de inmigrantes radicadas en Ferrol, como son a Asociación Cultural E.P. Uruguai Galicia, a Asociación de Ecuatorianos e Latinoamericanos, a Asociación de Colombianos e Asmirefe, tal e como indicaba a propia edil. Non só eles, tamén outros inmigrantes que, aínda que non están asociados, si desexan participar activamente en citas como esta. ¿Procedencia? Nixeria, Chile, Francia e Cuba.

Xa máis polo miúdo, Beatriz Sestayo explicou que o sábado 23 de maio, ás 12 horas, o Concello inaugurará os encontros e procederase á apertura da feira de comercio xusto na que participarán a cooperativa de consumo responsable A Xoaniña, artesáns da bisbarra e as ONGs Solidariedade Internacional e Ayuda en Acción. A primeira achegará productos con criterios de calidade, sustentabilidade e cercanía entre o lugar de producción e o de consumo. E é que esta empresa de economía social promove a agricultura ecolóxica e as canles comerciais xustas que a fan viable, tratando de evitar intermediarios de xeito que os productores reciben un pago xusto polo seu traballo. Todos eles, xunto co Concello contarán con stands no Cantón.

Pola súa banda, Solidaridade Internacional e Ayuda en Acción, entidades xa habituais neste tipo de citas que está a organizar o Concello de Ferrol, participarán tamén nestes encontros da diversidade para ofrecer productos de comercio xusto de distintos lugares do mundo como Tanzania, Etiopía, Colombia, Cuba… Beatriz Sestayo recordou que a través da laboura de entidades como as citadas se pagan prezos xustos aos traballadores e traballadoras do Sur cos que poden levar unha vida digna; se protexen os dereitos fundamentais das persoas, coa condea á explotación infantil e o respeto pola equidade de xénero, e se obteñen productos de calidade, a través de procesos respetuosos co medio ambiente e o ser humano.

O escenario, a rúa

A responsable da área de Solidariedade avanzou que nas xornadas do sábado e o domingo se sucederán no Cantón unha serie de actividades complementarias e solidarias. Así, o sábado, entre as 12 e as 14 horas se poderán seguir os espectáculos Canción Rock Búlgara, por parte do alumnado do IES Saturnino Montojo; sesión de títeres a cargo de Arte Fusión e de novo música interpretada por Canta Compaña. Tras o parón de a mediodía, Mundo Mestura regresa ás cinco da tarde coa actuación teatral de Pista Catro. E, xa ás 18.30 horas, se celebrará o espectáculo Danzas do Mundo. Actuarán, por esta orde, Ecodesarrollo GAIA, con música afro; Alejando e Umbe, con tango arxentino, e Danesga, con danza moderna. Pechará a cita solidaria do sábado Charros de Jalisco cun concerto de mariachis que principiará ás 21.30 horas.

Asimesmo, a edil apuntou que Mundo Mestura regresa o domingo, ás 12 horas. Unha apertura que se acompañará da actuación musical e de danza propia do folclore boliviano. Os sons doutras terras non deixarán xa o Cantón durante a mañá, xa que tamén se poderá seguir o espectáculo de Magnifique Bande. En sesión de tarde, actuación teatral e manualidades con Pista Catro, obradoiros de iniciación á música con Trópico de Grelos e espectáculo musical posterior a cargo desta formación. Unha ampla oferta de actividades nas que sempre está presente a Feira de Comercio Xusto. Por último, Beatriz Sestayo animou a toda a cidadanía a achegarse ao Cantón de Molíns e sumerxirse noutras culturas, compartindo espazos e diálogo.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol, 2009-05-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES