
Por segundo ano consecutivo, Concello e entidades veciñais e culturais se unen para conmemorar o DÃa das Letras Galegas en Ferrol. Este ano, adicadas a Ramón Piñeiro. A cita terá lugar o sábado, 16 de maio a partires das 20.30 horas, no Teatro Jofre, no que se espera sexa un acto multitudinario. A programación prevista contribuirá, de seguro, a que asà sexa, como destacaron esta mañá na súa presentación o alcalde, Vicente Irisarri; os concelleiros de Cultura, Mercedes Carbajales, e Participación Cidadá, Manuel Santiago, e a presidenta da asociación de veciños Cuco Ruiz de Cortázar de Caranza, MarÃa Pilar RodrÃguez Venancio, en representación das entidades veciñais. Para asistir ao mesmo, os cidadáns poden recoller dende hoxe mesmo a súa invitación na billeteira do Teatro Jofre, en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.
O acto cidadán previsto no Teatro Jofre conxuga todas as artes. Dende a danza ata a música, pasando polo cine. E, nela, se procurou en todo momento contar cos artistas da terra, tal e como subliñou Mercedes Carbajales. AsÃ, será o pintor Eduardo Hermida, implicado na actualidade no proxecto pictórico para cubrir os baixos da praza de Armas coa visión dos estudantes de Ferrol, o encargado de conducir a gala. Tras a súa presentación subirá ao escenario a edil de Cultura para dirixirse ao auditorio, intervención que precederá a actuación musical do grupo ferrolán Roger de Flor. Carlos Fernández, autor de “O vento do espÃrito. De Vicente Risco a Ramón Piñeiro”, será o encargado de facer unha semblanza de Ramón Piñeiro. A continuación, a danza se apoderará do teatro coa actuación de Cristina Montero. No ecuador da gala, Xosé Miguel López, en nome das asociacións veciñais, dará lectura a un texto sobre o valor e importancia da participación cidadá. A continuación, o director Rubén Coca presentará o audiovisual “A princesa AlegrÃa”, recoñecido na VII Edición Mestre Mateo. O presidente de honra da Coordinadora de Equipas de Normalización LingüÃstica, Xosé Manuel Pazos, intervirá de seguido en nome da entidade. E, finalmente, o alcalde da cidade, Vicente Irisarri, ofrecerá o discurso de peche. O acto rematará coa interpretación do himno galego a cargo do alumnado do Conservatorio Superior de Música de Ferrol.
Asà as cousas, Vicente Irisarri destacaba esta mañá a importancia da gala, unha oportunidade para reafirmarnos no amor pola nosa terra e as súas sinais de identidade. Reafirmación que, segundo explicou, non pode quedarse nun só dÃa, senón que debe acompañar a todos os cidadáns e cidadás ao longo do ano. Neste senso, apuntou que precisamente ese é un empeño das concellerÃas de Cultura e Participación Cidadá que cobra maior protagonismo ou visibilidade, iso si, en certas datas como a do DÃa das Letras Galegas. Neste punto, confiou en que esta data se adique no 2010 a Ricardo Carvalho Calero. Unha meta na que traballa tamén o Concello.
Pola súa banda, Manuel Santiago subliñou o peso das entidades veciñais na organización da gala do sábado e mostrou a súa confianza en afianzar, ano tras ano, esta cita no calendario, convertÃndoa na referencia indiscutible dos actos que se celebren en Ferrol con motivo do DÃa das Letras Galegas. Asà mesmo, MarÃa Pilar RodrÃguez Venancio considerou un pracer poder demostrar que o tecido asociativo de Ferrol está máis vivo que nunca e, tamén, máis unido que nunca. Destacou a súa capacidade para tomar decisións en conxunto con celeridade e, sobre todo, cun obxectivo: facer cidade. Confiou en que o público responda positivamente ao acto e, ao igual que os representantes do goberno municipal, animou a toda a cidadanÃa a acudir este sábado ao Teatro Jofre.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.