Notas de prensa

Os comercios de Ferrol convírtense en museos do traxe tradicional galego

A Mostra Aberta de Traxes é unha iniciativa, pioneira en Galicia que permite contemplar en 21 locais pezas únicas de finais do século XIX e principios do XX. Trátase dunha aposta conxunta de Concello, comerciantes e Terra Meiga por achegar a arte á rúa.

Ferrol acolle do 11 ao 24 de maio a I Mostra Aberta de Traxes. Unha iniciativa pioneira en Galicia que organiza a Asociación folclórica e cultural Terra Meiga co patrocinio das Concellerías de Participación Cidadá e Cultura e a colaboración do Centro Comercial Aberto A Magdalena. Así o avanzaba o alcalde da cidade, Vicente Irisarri, xunto aos edís destes departamentos, Manuel Santiago e Mercedes Carbajales, e o representante da entidade organizadora, Basilio Baamonde. Desde xeito, aqueles que paseen polas rúas do casco histórico a partir da vindeira semana e durante 15 días poderán contemplar nos escaparates dos establecementos comerciais auténticas xoias do folclore e da tradición galega. Un xeito de sacar o arte á rúa e achegárllela á cidadanía.

Neste contexto, o primeiro edil destacaba o novidoso desta proposta, ao tempo que a definía como un verdadeiro exemplo de participación cidadá ao conquerir que dúas entidades como a Asociación de Comerciantes e Terra Meiga unan os seus esforzos para ofrecer á cidadanía ferrolá unha actividade destas características, cuxo obxectivo pasa por poñer en valor a cultura, o folclore e tradición da Comunidade. Ao tempo, Vicente Irisarri agradecía o esforzo de ámbalas dúas asociacións porque “cando se intensifica a actividade medra a capacidade organizativa”. Tamén destacou a sensibilidade dos departamentos municipais implicados que acolleron este proxecto cos brazos abertos e a Terra Meiga por promocionar entre os ferroláns e as ferrolás o patrimonio etnográfico dos nosos ancestros.

Máis polo miúdo, Mercedes Carbajales explicaba que a partir do vindeiro luns 21 locais comerciais do barrio da Magdalena albergarán nos seus escaparates ou en lugares especialmente habilitados para a ocasión, unha selección de traxes, xoias e complementos de finais do século XIX e principios do XX que Terra Meiga foi recollendo polas aldeas a parroquias galegas e incorporando a un fondo propio que conservan no Centro Cultural Carbalho Calero. Nesta liña, a edil destacaba que a posta en marcha desta actividade coincide nun mes moi significativo para a nosa cultura ao celebrarse o Día das Letras Galegas. Un mes no que tradicionalmente se realizaba a prantación do liño, un elemento que durante moitos anos foi empregado como materia prima para elaborar a vestimenta dos galegos e que caía en desuso coa chegada da revolución industrial.

Pola súa banda, Baamonde explicaba que se exhibirán 21 traxes e preto de 50 complementos. Pezas únicas, confeccionadas de xeito artesanal e irrepetibles. Circunstancias estas, subliñaba, que dificultan o poder cuantificar o valor dos obxectos que forman parte da mostra polas horas de traballo empregadas na súa confección e polo seu valor sentimental, ademáis de histórico. Asemade, o representante de Terra Meiga apuntaba que é a primeira vez que se organiza unha exposición destas características, aberta ao público e fóra dos espazos tradicionalmente empregados para elo. Un feito que permitirá que se chegue a un público máis amplo e que facilitará á cidadanía ferrolá tomar conciencia do seu pasado e familiarizarse cos modos e costumes dos seus antergos. Así se poderán contemplar dende traxes de garda e de gala, traxes de campo, zapatos e xoias, así como adornos e complementos para o fogar. E, ao fío, Baamonde agradecía a colaboración prestada dende a Asociación de Comerciantes ao promocionar entre os seus socios a actividade ao tempo que invitaba aos ferroláns e ás ferrolás a coñecer máis polo miúdo os fondos que posúe a dita entidade e que conserva no local que o Concello lle cedía no centro cultural Carvalho Calero. Para elo, unicamente cómpre poñerse en contacto coa asociación.

Finalmente, Manuel Santiago avanzou que paralelamente á Mostra Aberta de Traxes, o Concello ten previsto desenvolver unha serie de actividades complementarias como son as visitas de escolares e as sesións de contacontos.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol, 2009-05-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES