
O escritor José MarÃa Paz Gago presenta no Festival de PoesÃa Lucien Blaga de Alba Iulia (Transilvania), o Festival de PoesÃa máis importante de RumanÃa, a traducción romanesa do seu “Manual para enamorar princesas” (Manual pentru îndrǎgostirea prinţeselor), traducido por Christian Tamas e editado por Ars Longa (Iasi, RumanÃa). Ademais, o libro acadou un dos Premios do Festival, que lle será entregado mañá.
José MarÃa Paz Gago é un dos escritores nacidos en Celanova que actualmente está a publicar tanto poesÃa coma traballos de investigación no ámbito da literatura comparada. Fai menos dun mes presentou en Celanova a antoloxÃa bilingüe ruso-galega de Manuel Curros EnrÃquez, da que realizou o prólogo como membro desta Fundación. O Manual para enamorar princesas, que agora presenta traducido ao romanés, é un poemario que editou en 2005 e do que se adxunta unha imaxe da súa presentación na Casa dos Poetas.
José MarÃa Paz Gago (Celanova, 1966) é catedrático de TeorÃa da Literatura e Literatura Comparada da Universidade da Coruña. É Presidente da Asociación española de Semiótica e Secretario Xeral da Internacional Association for Semiotic Studies. Autor dunha decena libros entre os que destacan: La estilÃtica (Madrid, 1993), Semiótica del Quijote (Amsterdam, 1995) e La recepción del poema. Pragmática del texto poético (Kassel, 1999). Como poeta, publicou Manual para enamorar princesas (Madrid, 2005) e obtivo os seguintes premios: Premio Pérez Lugin 2002, Premio de composición “Cantata Torre de Hércules” 2003 e o Primeiro Premio nos Xogos Florais da Coruña en 2004.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.