Notas de prensa

Convocado o IV Certame de Pintura Arte Nova Galega

Ãmbito Cultural de El Corte Inglés Galicia e a Asociación de Artistas Plásticos Galegos convocan o IV Certame de Pintura Arte Nova Galega que repartirá máis de 6.000 euros en premios. Supón a potenciación da faceta do pintor como creador sen límite de idade pola pretensión de fomentar a pintura actual que se está creando en Galicia.

Presentouse o IV Certame de Pintura Arte Nova Galega convocado a nivel Galicia pola Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) e Ãmbito Cultural de El Corte Inglés Galicia.

O acto contou coa presencia dos mebros do xurado, Xosé Manuel Blanco, Relación Externas El Corte Inglés Galicia; Xosé Vázquez, Presidente de ARGA, Antón Sobral, profesor da Escola Universitaria de Restauración de Pontevedra, Xosé Barreiro, Pintor, e Ramón Conde, Escultor e ademáis coa Concelleira de Educación do Concello de Vigo.

Destacou por parte de Xosé Vázquez, Presidente de ARGA, a consolidación do certame, que xa vai na súa 4ª edición de carácter autonómico e significou que supón a potenciación da faceta do pintor como creador sen límite de idade pola pretensión de fomentar a pintura actual que se está creando en Galicia.

Características da Convocatoria

Poderán concursar os/as artistas galegos ou residentes en Galicia que teñan máis de 18 anos de idade.

Cada participante poderá concursar só cunha obra de temática libre e que non fose presentada a outro certame. As medidas das obras non serán inferiores a 80 cm. nin superiores a 150 cm. en calquera dos seus lados, e deberán vir enmarcadas cun listón que non exceda os 2 cm. de ancho e sobre un único soporte. Non se admitirán as obras que veñan enmarcadas con cristal e serán rexeitadas e non valoradas as que non estean ben embaladas e suficientemente protexidas a criterio de El Corte Inglés.

NotaFase de preselección: As/os artistas deberán enviar antes das 20 horas do 31 de agosto de 2009 aos respectivos Departamentos de Relacións Externas dos Centros de El Corte Inglés en Galicia

Premios: Primeiro Premio de 4000 €,
Segundo Premio de 2000 €,
Dous accésit 600 € en tarxeta regalo de El Corte Inglés e certificado acreditativo.

As obras correspondentes ao primeiro e segundo premio quedarán en propiedade de El Corte Inglés.

El Corte Inglés, 2009-05-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES