Notas de prensa

Cultura Aberta encherá de actuacións as noites dos xoves de xullo en Lugo

Nos xardíns da Deputación Provincial ofreceranse actuacións de cinco grupos musicais, maxia, cine, teatro e circo. Colabora a Asociación de Hosteleiros informando ao público destas actividades.

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou a iniciativa da Ãrea de Cultura da Deputación que leva por nome Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación. No acto estivo acompañado polo Mago Antón e por un dos membros do grupo lucense Kentokaaquí. Serán un total de seis veladas nas que o público lucense poderá desfrutar dos xardíns situados entre a Deputación e a muralla. Esta programación, que se levará a cabo nas noitiñas dos xoves, estenderase durante todo o mes de xullo e máis o primeiro xoves de agosto. Tódalas actuacións serán ás 20:30 horas, participarán cinco grupos musicais e, ademais dunha proxección cinematográfica, haberá espectáculos de maxia, teatro e circo.

No acto de presentación o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, destacou que a Ãrea de Cultura contará para estas actuacións con artistas galegos, segundo Bao “non se trata de poñer cotas nin de pechar as portas a ninguén, mais á hora de programar a actividade atopámonos cunha gran cantidade de espectáculos de alta calidade pensados e feitos en Galiza por galegos e entendemos que defender á xente que traballa a prol da nosa cultura e da nosa lingua é un xeito progresivo e progresista de achegarnos, cunha identidade propia, a un futuro globalizado”.

Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación arrincará o xoves día 3 de xullo cun concerto de música galega cos grupos A Quenlla e Xarín. A Quenlla nace no 1984 e tivo, dende a súa creación, unha especial atención á conservación da cultura popular asumindo un compromiso decidido coa sociedade e co noso país. Xarín son cinco músicos de O Incio que fan música tradicional e de autor co único obxectivo de divertirse e divertir a quenes os escoitan.

O xoves 10 de Xullo actuará no grupo Kentokaquí e sobre as 22:30 proxectarase a película galega Pradolongo nun formato de cine ao aire libre. O xoves 17 de xullo haberá un espectáculo de maxia a cargo do mago Antón. O xoves 24 de xullo, na víspera do día da Patria, a música tradicional encherá os xardíns da Deputación cos grupos Cantardaseiras e Treixadura. Para rematar o mes, o xoves 31 de xullo haberá unha actuación dun dos impulsores do movemento de contacontos galegos, o actor, director e adaptador teatral Quico Cadaval, a última das sesións desta xeira será o xoves 7 de agosto co combinado galego de Novo Circo.

COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA HOSTELERÃA

A programación de actuacións en Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación tenta cubrir o baleiro de programación cultural que se da na cidade durante o verán. A través da colaboración coa Asociación de Empresarios de Hostalería da Provincia farase chegar a información a tódolos establecementos hostaleiros para que tódolos visitantes que se acheguen a Lugo nesas datas poidan disfrutar destas actividades. En todos os soportes publicitarios que se acheguen aos establecementos estará presente o slogan da asociación E para comer ..., Lugo.

UNHA APERTURA EFECTIVA DO PAZO DE SAN MARCOS E DOS SEUS XARDÃNS

Segundo Antón Bao “cando chegamos a este goberno bipartito marcámonos como obxectivo abrir esta entidade á cidadanía e estamos seguros de que a cultura é o vehículo idóneo para materializar esta apertura”. Esta programación, que presentamos hoxe, complementará outros eventos nos que a Ãrea de Cultura e Deporte da Deputación propiciou a apertura dos espazos do Pazo de San Marcos, Antón Bao lembrou que “foron moitas persoas e colectivos que nos animaron a facer unha programación deste tipo tras o éxito das actividades impulsadas polas áreas de goberno que represento e que tiveron como escenario este espazo privilexiado”, con esta afirmación, Bao facía referencia á celebración da Festa das Letras que a área de cultura organizou co gallo do Día das Letras Galegas, a saída da segunda etapa da I Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo que estivo patrocinada pola Ãrea de Deportes, e a todas as actividades realizadas por colectivos, asociacións e entidades nas dependencias do Pazo de San Marcos como conferencias, cursos, simposios, campionatos de xadrez, exposicións, etc ....

Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo), 2008-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES