
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou o III Criterium Aeronáutico-Galiza 2008. O acto de presentación tivo lugar na sala de Exposicións da Deputación de Lugo e contou coa presencia do Concelleiro de Deportes, José Manuel DÃaz GrandÃo e do Presidente do Real Aeroclub, Luis Abelleira.
Este acontecemento deportivo celebrarase entre os dÃas 10 e 13 de xullo e achegará a máis de 2.000 persoas a Lugo. O programa de actividades desta terceira edición do Criterium Aeronáutico-Galicia coincide coa XXV Volta Aérea Galaico-Duriense. Ademais, ofrecerá unha completa programación de actividades alternativas para afeccionados e público en xeral como mostras de Aeromodelismo, aeroestación, paracaidismo, paramotor, ultralixeiros, planadores e voo con motor. As actividades levaranse a cabo nas instalacións do aeródromo de Rozas, que é o lugar habitual para as actividades deportivas aéreas do Real Aeroclub de Lugo.
Media ducia de modalidades relacionadas co deporte aeronáutico estarán presentes na celebración des terceiro critierium. No tocante ao AEROMODELISMO haberá unha exhibición dunha serie de aeromodelos na cal se apreciarán as distintas modalidades de voo que existen na competición de aeromodelismo. Na especialidade de AEROESTACIÓN organizaranse voos con globos aeroestáticos vidos de distintas zonas do estado. Durante os dÃas do Criterium realizaranse voos para bautismo do aire das persoas que o desexaron e ter asà unha experiencia de voo en globo. Realizaranse voos de exhibición de PARAMOTOR a cargo de catro pilotos luenses. Coincidindo coa chegada a Lugo dunha das etapas da Volta Aérea a Galiza haberá unha desmotración de voo en ULTRALIXEIROS.
A proba máis destacada do criterium será o RALLYE AEREO, unha competición aérea, na cal se levan a cabo distintas probas: crono, navegación, observación e toma de precisión e que une o norte de Portugal con Galiza. As etapas transcorren ao longo do territorio de Galicia e do Norte de Portugal, abranguendo dende o Mar Cantábrico ata o rÃo Douro de Norte a Sur.
HABERà BAUTISMOS AEREOS E UNHA EXIBICIÓN DE VOO ACROBÃTICO
O exercito desprazará un avión para ofrecer bautismos aéreos e voos a persoas que se desprazarán ata o aeródromo de Rozas dende diversos concellos. O aeroclube de Lugo ofertoulles a varios concellos a posibilidade de organizar voos para aquele colectivos que teñen poucas ocasións de coñecer dende o aire o noso territorio.
Ademais haberá unha exhibición de voo acrobático coa PATRULLA AGUILA do exercito español. Está será unha das cinco exhibicións anuais que este grupo realiza, sendo a maior parte delas no estranxeiro.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.