“Observando con certo detemento estas fotografÃas, calquera poderá comprender por qué o Goberno galego fixo da ordenación do territorio, da rexeneración urbanÃstica, do desenvolvemento sostible e da conservación do patrimonio natural e construÃdo un novo conxunto de prioridades”. Asà resaltou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o seu compromiso coa preservación dos mellores valores patrimoniais e medioambientais da Comunidade, un compromiso que reafirmou durante a inauguración da mostra fotográfica Miradas Alleas. Unha visión de Galicia esta tarde en Compostela.
O presidente galego asegurou que detrás desta nova aposta polÃtica existe unha “vontade de reverter os procesos de ocupación indiscriminada do territorio e un desexo de mellorar a calidade de vida da cidadanÃa galega” e subliñou que o seu Goberno traballa para facer compatible o crecemento en infraestruturas, en tecnoloxÃa e en riqueza coa preservación do patrimonio e do medio ambiente da Comunidade.
“Necesitamos e queremos que a cidadanÃa se incorpore a ese debate”, engadiu Touriño, quen lembrou que o territorio non é un “ben descuartizable en pequenos anacos de propiedade individual, senón un ben común, un patrimonio que nos transcende”. “É unha herdanza que recibimos dos nosos devanceiros e que teremos que entregar nas mellores condicións aos que veñan despois de nós”, destacou.
Un “catálogo dos cambios vividos por Galicia”
No transcurso da súa intervención, o titular do Goberno galego cualificou a exposición Miradas Alleas como “un sorprendente catálogo dos cambios vividos por Galicia durante os últimos 150 anos” e felicitou á SecretarÃa Xeral de Comunicación e ao comisario, Manuel Vilariño, pola súa organización. Touriño salientou que a mostra, composta por fotografÃas tomadas por viaxeiros durante as súas visitas a Galicia, ten un valor engadido porque recolle a “ollada distante de viaxeiros, sen intereses subxectivos nin compromisos afectivos co paÃs co que se atopan”.
“A través destas fotografÃas podemos contemplarnos no espello que nos fornecen estes ilustres viaxeiros, redescubridores dunha terra que para a maiorÃa era terra incógnita e que tamén para moitos rematou sendo un lugar de fascinación”, afirmou o presidente galego, quen puxo en valor a información que a mostra brinda sobre a evolución no uso do territorio e sobre a relación da sociedade galega co seu patrimonio.
“En realidade, sobre o que me gustarÃa chamar a atención é sobre o carácter de invitación que esta mostra ten. Invitación a que na sociedade galega se desenvolva un debate sereno, un debate non condicionado por posicións fundamentalistas nin actitudes exclusivamente mediadas por egoÃsmos conxunturais, sobre a relación entre conservación e innovación, entre crecemento e preservación territorial e patrimonial”, asegurou Pérez Touriño. “Un debate sobre a necesaria dialéctica entre tradición e modernidade, como dirÃa Isaac DÃaz Pardo, e sobre a súa concreción en normas e en pautas polÃticas que nos permitan facer do territorio galego algo distinto a un simple valor de mercado”, concluÃu.
A exposición
A exposición Miradas Alleas. Unha visión de Galicia está organizada pola SecretarÃa Xeral de Comunicación en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e a Universidade de Santiago. O seu comisario é o Premio Nacional de FotografÃa 2007, Manuel Vilariño.
A mostra, que está na Igrexa da Universidade ata o 3 de xuño, pretende explicar a maneira de mostrarse Galicia diante dos viaxeiros que nos visitaron no último século e medio. AsÃ, a mostra realiza un percorrido desde as fotografÃas que en 1865 realizou Charles Thurston Thompson para o Proxecto Fotográfico Ibérico ata as que tiraron, por exemplo, Aziz+Cucher, Jean Dieuzaide ou Bernard Plossu en 2004.
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.