O 28 de marzo abre as súas portas a Biblioteca Pública de Santiago de Compostela. A ConsellarÃa de Cultura e Deporte inaugurará nesa data a nova biblioteca, que levará o nome de Ãnxel Casal, recoñecendo asà a importancia deste destacado intelectual galeguista e alcalde republicano da cidade, fusilado en 1936, peza fundamental do rexurdimento do libro e da cultura galega no primeiro tercio do século XX.
O novo centro permitirá que Compostela conte cunha biblioteca pública moderna e ben equipada, na que os libros conviven cos novos soportes da cultura e a información. Abrirá cuns fondos de 60.000 exemplares, que inclúen libros (cunha numerosa colección de obras dirixidas ao público infantil), unha ampla sección de dvds (centrada en documentais, cine independiente e cine galego), cds musicais, programas informáticos, publicacións periódicas (xornais e revistas), e unha bedeteca cunha presenza especial da banda deseñada galega.
Eses fondos iniciais cos que se abre o centro serán ampliados de forma paulatina, co obxectivo de garantir unha oferta de tÃtulos sempre actualizada. A ConsellarÃa inviste, entre 2007 e 2008, 500.000 euros na adquisición de fondos, dos cales 300.000 investÃronse o ano pasado, e os restantes 200.000 investiranse este ano. Neste momento están traballando xa no centro as 37 persoas que forman o seu cadro de persoal.
Ãnxel Casal
A ConsellarÃa decidiu que a nova biblioteca levase o nome de Ãnxel Casal, pola súa especial significación para o libro e a cultura galega e para a cidade de Santiago. O Casal naceu na Coruña en 1895, emigrou a Bos Aires, e á súa volta participou de forma activa nos movementos galeguistas e republicanos.
O seu traballo como editor, impresor e libreiro é fundamental para entender o rexurdir da literatura e a cultura galega nos anos 20 e 30 do século pasado. En 1924 cofundou a Editorial Lar e en 1927 creou a Editorial Nós, da que saÃron ‘A Nosa TerraÂ’ e a ‘Revista NósÂ’, ademais de promover e colaborar noutros proxectos editoriais republicanos, galeguistas e sindicalistas daqueles anos.
Militante do Partido Galeguista, foi alcalde de Santiago de Compostela desde febreiro de 1936 ata xullo dese ano. En agosto foi detido e logo asasinado polas forzas golpistas. O seu corpo apareceu nun foxo en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto.
Aposta polas bibliotecas
A apertura da Biblioteca Ãnxel Casal de Santiago de Compostela encádrase na liña da ConsellarÃa de Cultura e Deporte de converter as bibliotecas galegas en centros culturais integrais. Para conseguir estes espazos o departamento que dirixe Ãnxela Bugallo destinou máis de 4 millóns de euros á dotación de fondos, formación de persoal, equipamento, promoción da lectura e informatización dos centros.
Paralelamente desenvólvese o Plan da Lectura que recolle diversas estratexias de apoio ás bibliotecas e que conta cun orzamento de 50 millóns de euros até o ano 2011. Este programa determina o camiño a seguir para incrementar o hábito da lectura e estabilizar aos actores do sector galego, desde libreiros a bibliotecas ou editores.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.