
Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui “é a cita cultural máis importante do ano en Tui” adquirindo transcendencia mundial. Asà de rotundo se expresaba na presentación da cuarta edición do Festival Moisés RodrÃguez, o Concelleiro de Cultura tudense, quen puña de manifesto o orgullo de que este evento teña á cidade coma sede. Ao tempo destacaba aposta do seu departamento por este festival cualificándoa coma “un investimento moi rendible”.
Xunto a el estiveron ante os medios de comunicación os directores de Play-Doc, Sara GarcÃa e Ãngel Sánchez, que foron os responsables de dar conta dos pormenores do Festival cando xa está todo listo para o seu comezo na tarde deste mércores.
Sara GarcÃa explicou que “o festival tivo un crecemento moi interesante” ao tempo que avanzou que nesta cuarta edición se inclúen apartados novidosos, asà coma a presenza do realizador independente Lech Kowalski ou a sección dedicada á Violencia da Xénero, coa que dicÃa “nos comprometemos coa realidade”. Sara GarcÃa amosa tamén a satisfacción que teñen pola repercusión que festival está a ter, pola programación deste ano, e polo xurado integrado por profesionais internacionais de primeiro nivel. Os responsables de outorgar os premios, nos que se van repartir 9 mil euros, serán Marta Andreu da Universidade Pompeu Fraba de Barcelona, Jaime Nieves, coordenado re programador do Festival Internacional Black&White, Jaime Pena, membro do comité de redacción de Cahiers du Cinéma-España, Karolina Bendera, realizadora polaca independente cunha estreita vinculación á TV pública, e Carlos Jerónimo, produtor executivo de programas culturais en TVE. Xunto a eles están os galegos Daniel DomÃnguez, Eduardo Galán Blanco e Pepe Coira, que repiten presenza no xurado de Play-Doc.
Sara GarcÃa resaltou tamén a presenza no Festival de seis documentais galegas, catro que optan a concurso na sección de producións ou co-producións galegas coma son Pic-Nic de Eloy Enciso, Radio La Colifata de Carlos Larrondo, Memoria de Camposancos de Jose Ballesta e Miguel Anxo Fernández e Destino á festa de Jorge Algora. Fóra de concurso están as Que pareza un accidente de Mikel Clemente sobre os 25 anos de Siniestro Total e Nacional VI de Pela del Ãlamo.
Ãngel Sánchez, director tamén de Play-Doc, explicou que “o Festival deu un paso adiante apostando por un cine cada vez máis independente” e engadÃa que “entendemos que o público do Festival cada vez estase a facer máis especialista, o que nos agrada”. Este feito manifestaba que “da valor a programar certo de tipo de pelÃculas que no primeiro festival non nos atreviamos coma o caso de Lech Kowalski”.
Quixo deixar constancia do compromiso que Play-Doc segue mantendo cos novos realizadores tanto ao través de Play-Avid Doc, coma coa produción de “Nacional VI” de Pela del Ãlamos co que sinalaba “Play-Doc está máis aló de mostrar cine e está involucrándose en xerar cine”.
Por outra parte Ãngel Sánchez resaltaba “o aspecto cultural, turÃstico e de internacionalización de Tui e de Galicia ao través de Play-Doc” que vai máis aló de ser un festival pechado de cine, senón que “nos traslada a outras propostas artÃsticas, coma os concertos, que teñen unha estreita relación cos documentais que se proxectan, o que dicÃa “converte ao Festival nun todo con senso”.
Os directores do Festival quixeron deixar constancia do seu agradecemento a todos os que apoian o Festival dende as institucións coma o Concello de Tui, a ConsellerÃa de Cultura e a ConsellerÃa de Presidencia e entidades coma a Fundación Caixa Galicia.
O IV Festival Internacional de Documentais de Tui comeza o mércores dÃa 12, e continuará até o domingo a última hora da tarde, ofrecendo un total de 24 proxeccións, tres concertos e outras actividades paralelas. A súa sé está na Ãrea Panorámica.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.