Notas de prensa

Son de Cangas arranca en abril con catorce grupos de diversos estilos

O programa de dinamización musical Son de Cangas introduce varias novidades respecto do proxecto antecesor, Directo Xove, co fin de “ser moitísimo máis ambiciosos” na finalidade de promocionar os grupos musicais da vila pontevedresa.

O concelleiro de Xuventude, Óscar Graña, presentou o programa de dinamización musical Son de Cangas e explicou as novidades introducidas respecto do anterior Directo Xove co fin de “ser moitísimo máis ambiciosos” na finalidade de promocionar os grupos musicais da vila. Catorce bandas locais participan nesta edición de Son de Cangas, que arrinca en abril cun concerto cada venres –agás no verán- ata o mes de outubro, cando se celebra o festival conxunto previo á gala final.

Entre os principais cambios introducidos figura a incorporación de novos estilos musicais, como o hip hop ou a banda de música, de xeito que se amplía a variedade aportada polo pop, rock, heavy e punk. Deste xeito, terán cabida no programa todos os interesados en participar, que son os grupos Lavorda, A pedir de Milkhouse, Jit, Estado Puro, Crawl, Mechanix, Fíjado Korroído, Póstuma, Pan con pan, Kaixosama y L. César, Negra Sombra, Kalighula, FainoTi, e mais a sección xuvenil da banda de música Bellas Artes. Sete das formacións non actuaran en anteriores edicións.

Óscar Graña explicou que tamén se mellorará a gravación do disco conxunto co obxectivo de distribuílo entre produtores musicais, propietarios de salas de concertos e produtores de festivais “coa intención de garantir unha serie de actuacións máis aló dos circuítos da vila”, en colaboración coa produtora que se encarga do programa. Deste xeito, o formato do CD “escapará da tradicional caixa de plástico, cun libriño moi atractivo” que recolle fotografías e explicacións sobre as bandas “coa idea de que cando chegue ás mans daquelas persoas que poden darlle unha oportunidade a estes grupos, lles chame a atención”. Tamén se van editar camisetas, en formato para rapaz e rapaza.

Nova imaxe e calendario

Son de Cangas bota a andar cunha imaxe renovada, de maneira que para referenciar a diversidade de estilos se descartou escoller un instrumento musical e se optou polo radiocasette, cunha cartelería en cores moi vivas, segundo indicou o concelleiro.
O calendario de actuacións vai ter tamén unha distribución diferente, a partir das suxerencias das propias bandas, e os concertos dos venres vanse suspender durante os meses de verán para que os grupos poidan aproveitar para tocar noutras localidades aproveitando a meirande organización de citas musicais que se produce nas datas estivais. Amplíase tamén a rede de locais nos que se desenvolverán os concertos semanais, que son Triskele, Sister, Electra, Thays, SalaSon e Moulin Rouge. Nos concertos de cada venres realizaranse ademais gravacións de audio e imaxes para a elaboración de vídeos das diferentes bandas participantes que se exhibirán na gala final de novembro, onde a Concellería de Xuventude lles fará entrega das achegas de 300 euros.

A técnica de Xuventude, Mercedes Lorenzo, detallou a estrutura do calendario, que arrincará cos concertos dos venres o 4, 11, 18 e 25 de abril e continuará o 2, 9, 16, 23 e 30 de maio. Despois do 6 de xuño pararase para que os grupos poidan tocar no verán fóra de Cangas e retomarase o 19 e 26 de setembro e o 3 e 10 de outubro. O festival final, no que actuarán as 14 bandas participantes e para o que se instalará unha carpa, terá lugar o 24 e 25 de outubro. A gala de peche será o venres 7 de novembro no Auditorio Municipal.

O orzamento do programa sitúase arredor dos 40.000 euros e a iniciativa verase complementada co futuro local de ensaio de Cimadevila, que será o máis grande de Galiza e para o que o Concello de Cangas asinará un convenio coa Dirección Xeral de Xuventude.

Gabinete de Comunicación Saraiba Producións, 2008-02-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES