
A ConsellarÃa de Cultura e Deporte entrega ao Ministerio de Cultura o dossier definitivo sobre a Torre de Hércules. Este documento exhaustivo será remitido á UNESCO e será a base para que este organismo decida se admite ou non a candidatura do monumento galego para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.
A ConsellarÃa elaborou o dossier en colaboración co Ministerio de Cultura, o Concello da Coruña e o Instituto Torre de Hércules. Esta documentación complementa a que xa foi enviada no seu dÃa, cando en outubro de 2007 o Consello do Patrimonio Histórirco Español escolleu a Torre como unha das dúas candidaturas que o Estado presentará á UNESCO.
O dossier que agora se entrega inclúe un completo estudo arqueolóxico e histórico da Torre e do seu contorno, e un diagnóstico previo das patoloxÃas que presenta o monumento desde o punto de vista da conservación. Completan o dossier un apartado bibliográfico extenso, con abundante material escrito e audiovisual, e unha ampla documentación gráfica, con numerosas fotografÃas e planimetrÃas. Este material ten por obxectivo resaltar a importancia histórica e cultural da Torre e dar a coñecer amplamente os puntos fortes da candidatura.
O Estado fará chegar á UNESCO o dossier para que este organismo abra a mediados de 2008 o seu protocolo de actuación e decida se admite a candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade. Os técnicos da UNESCO poderÃan visitar entón Galiza para facer unha primeira avaliación da candidatura. No caso de que a candidatura sexa aceptada por este institución, resolverase a mediados de 2009.
Único faro romano
O principal punto forte da Torre de Hércules é que o único faro romano que segue en activo en todo o mundo. Se ben a súa cuberta exterior e o piso superior proceden dunha restauración de estilo neoclásico rematada no ano 1791, a Torre de Hércules mantén unha parte importante da construción romana orixinal. Esta pode verse en dúas partes: os alicerces e o interior. De feito, a cuberta exterior agocha o faro romano interior, perfectamente conservado e resgardado.
Desta forma a de Hércules supón un testemuño único das torres de sinalización marÃtima levantadas polas civilizacións da Antigüidade. Trátase dunha mostra da tecnoloxÃa marÃtima e das técnicas construtivas romanas, á vez que un vestixio da planificación da navegación a grande escala do Imperio Romano.
Simposio de Faros Romanos
Precisamente para mellorar o coñecemento actual sobre a navegación e a sinalización marÃtima na época romana e apoiar a candidatura da Torre, a ConsellarÃa de Cultura e Deporte organiza un Simposio Internacional sobre Faros Romanos e Navegación na Antigüidade, que se desenvolverá na Coruña a principios de xuño.
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural prepara o programa deste simposio, que reunirá na Coruña a importantes expertos europeos en historia antiga, arqueoloxÃa clásica e arquitectura, baixo a coordenación de Carmen Fernández Ochoa, catedrática de ArqueoloxÃa da Universidade Autónoma de Madrid. O programa inclúe conferencias e coloquios nos que a Torre de Hércules será abordada desde varios ángulos.
Trataranse ademais diversos aspectos dos faros romanos e da navegación na Antigüidade, tanto na súa relación co comercio como na súa representación cartográfica. O simposio pecharase cunha mesa redonda sobre os aspectos arqueolóxicos e patrimoniais da Torre, e complementarase cunha serie de visitas relacionadas co ámbito arqueolóxico e histórico da Coruña e o seu contorno.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.