Notas de prensa

Estréase a curtametraxe Historia da arte en TVG

Está producida por Ficción Producciones, guionizada e dirixida por Javier Batanero e presenta unha reflexión sarcástica sobre a utilidade e a esencia da arte moderna, así como o seu alonxamento da realidade social.

O domingo 20 de xaneiro estréase en televisión a curtametraxe “Historia da arte”, de Ficción Producciones. Será no programa Onda curta, espacio que ocupa as noites dominicais da Televisión de Galicia.

O guión desta curta, tamén participada pola Consellería de Cultura e Deporte foi o gañador do concurso de Guións para Curtametraxes Compostela Plató, unha das actividades do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto. O premio é a rodaxe do guión gañador e a súa posterior distribución nunha ampla rede de Festivais dentro e fora de España, como xa sucedera coa galardonada Quérote mal (2005) e Bechos raros (2006).

“Historia da arte”, é unha reflexión sarcástica sobre a utilidade e a esencia da arte moderna, e o seu alonxamento da realidade social. Esta produción foi dirixida e guionizada por Javier Batanero un recoñecido artista multidisciplinar. Dentro da súa interesante traxectoria profesional está a nominación ós premios Goya do ano 2.000 como Mellor Actor Revelación pola película Leo, de José Luís Borau, papel polo que obtivo un premio Ondas. Ademais de participar en diversas películas, conta cunha ampla experiencia como actor de teatro, fundamentalmente coñecida pola súa pertenza ó grupo Académica Palanca. Ademais, é un músico con catro discos no mercado, colaborador ocasional de Joaquín Sabina.

A protagonista deste pintoresco drama social é Féliz Manzano. De par dela están Luis Tosar, Lino Braxe, Luis Zahera, Vicente Montoto e o propio Javier Batanero. Un sólido elenco de actores que encarnan esta reflexión verbo das traxedias cotiás da nosa sociedade postmoderna, da esencia e da ética da sensibilidade artística do noso tempo.

“Historia da arte” é unha das cinco curtametraxes que nos últimos meses vén de presentar FICCIÓN PRODUCCIONES. Esta produtora continúa co compromiso de defender o xénero da curtametraxe, por canto é unha plataforma idónea para o despegue de talentos, un laboratorio de ideas imprescindible para a descuberta de novos valores do noso cinema.

Ficción Producciones, 2008-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES