
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou no marco dunha gala organizada pola SGAE en Santiago, que Galicia ten feito da aposta pola creatividade e a innovación “un dos eixes principias sobre os que construÃr o seu presente e proxectar o seu futuro”. Asà o destacou o presidente da Xunta na V Noite dos Autores, acto co que SGAE quixo recoñecer o labor creativo e a “capacidade para innovar e para emprender en calquera ámbito de actividade”.
Precisamente, o presidente da Xunta valorou a inclusión de diferentes empresas e institucións galegas na listaxe de entidades premiadas. AsÃ, referiuse ao Grupo Inditex, ao Concello de Santiago, á Universidade de Santiago de Compostela ou ao Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais por ter sido distinguidas neste acto. Ao tempo, fixo extensivos os seus parabéns á Axencia EFE e a FASYDE, Asociacións Provinciais de Empresarios de Salas de Festa, Baile e Discotecas de España, tamén distinguidas nesta gala.
Fonte de inspiración continuamente actualizada
No decurso da súa intervención, Pérez Touriño afirmou, asà mesmo, que ao apostar pola innovación, a creatividade e a cultura “non facemos outra cousa que revitalizar vellas tradicións e volver enlazar cun espléndido pasado cultural cuxa peza máis brillante e rematada é esta cidade de Santiago de Compostela”. En opinión de Touriño, o pasado cultural non é en Galicia “un capÃtulo pechado” senón “unha fonte de inspiración continuamente actualizada”.
Paralelamente, o presidente galego tivo unha mención especial para o proxecto da Cidade da Cultura. Neste sentido, asegurou que a Xunta traballa coa idade de que o complexo do Gaiás “se converta en meta das novas peregrinacións do século XXI, fortemente marcadas pola atracción que sobre as persoas exerce a creatividade e a excelencia cultural”.
“Ese horizonte marca un novo reto que asumimos con responsabilidade, con ilusión e coa seguridade de que Galicia saberá facer dese gran complexo arquitectónico e cultural unha nova proba da súa capacidade para crear, comunicar e construÃr futuro”, concluÃu Touriño.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.