
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou en Viveiro un monolito que rinde homenaxe ó escritor e poeta Antonio Noriega Varela. No acto de inauguración, no que tamén estiveron presentes a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, o Alcalde de Viveiro, Melchor Roel Rivas, o Alcalde de Mondoñedo, Manuel Orlando González Cruz e Santiago Noriega Fernández, en representación da familia Noriega Varela, Gómez Besteiro destacou o labor do homenaxeado como “un home moi comprometido coa sociedade e, sobre todo, co movemento agrario. Proba disto son os numerosos poemas que nos deixou e nos que alentaba ós labregos na loita agraria”.
O titular do organismo provincial acompañado do resto de autoridades, desprazouse a pé ata os XardÃns “Noriega Varela” donde procedeu á inauguración da escultura. Gómez Besteiro lembrou que a semana pasada o Pazo de San Marcos acolleu a entrega do Premio Otero Pedrayo, que este ano lle foi concedido a Francisco Javier RÃo Barja e “hoxe estamos premiando a outro lugués que traballou a reo pola nosa cultura e polos nosos dereitos”.
Noriega Varela naceu en Mondoñedo e residiu en Viveiro durante os últimos anos da súa existencia. Ó longo da súa vida e obra manifestou un gran compromiso contra as inxustizas que imperaban a finais do século XIX e principios do XX. “En contra do caciquismo e afÃn á humildade, Noriega Varela é un exemplo para todos nós, e debe selo para os que temos a oportunidade de tomar decisións que melloren a calidade da provincia e dos seus Concellos”, subliñou o titular da Deputación.
Na inauguración do monolito, que supón o colofón dos actos organizados polo Concello de Viveiro no Ano de Noriega Varela, o Presidente do organismo provincial destacou que “2008 será o Ano da Suma. Entre todos debemos Sumar Esforzos, para que seguindo o exemplo do poeta que hoxe homenaxeamos, evitemos que a nosa cultura e as nosas tradicións esmorezan”. Neste senso, Gómez Besteiro incidiu en que “os polÃticos deben servir de canle de comunicación entre os nosos cidadáns, escoitar as súas peticións e atender as súas necesidades. Creo que con actos coma este estamos contribuÃndo a que 2008 sexa un ano que marcará un antes e un despois no devir desta comarca e no de toda a provincia”.
A Banda de Música viveirense pechou o acto de inauguración coa interpretación do Himno Galego. A continuación o Concello de Viveiro ofreceu un almorzo ós familiares, autoridades e invitados nun restaurante da localidade mariñana.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.