
A obra arrasou na súa estrea, hai mes e medio, no Salón Teatro, e coas funcións posteriores en Vigo e Compostela. Agora, Boas Noites, a montaxe baseada no texto co que Paula Carballeira gañou o I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, será representada na Feira Europea de Teatro para Nenos e Nenas.
En Galicia xa foron milleiros de persoas as que puideron gozar desta montaxe: máis de 1.200 na fin de semana da estrea, a comezos de novembro, no Salón Teatro Compostelán e no Teatro García Barbón de Vigo, e esta última semana, case un milleiro máis no marco das funcións didácticas e familiares no Teatro Principal compostelán.
Ademais das moitas funcións das que aínda poderemos gozar por toda a nosa xeografía, Berrobambán dá un chimpo até Xixón o 27 de febreiro. Ás 10.45, no Teatro Jovellanos, representarán Boas Noites no marco da Fetén, a Feira Europea de Teatro para Nenos e Nenas, un evento que se desenvolve dende o 91 para que as compañías, programadores e distribuidores de teatro infantil poidan compartir experiencias, coñecementos e recursos, e para que poidan estabelecer vínculos. É o único evento destas características no Estado, e un dos poucos especializados no ámbito da infancia en toda Europa.
Música, humor e emoción
Queda patente a calidade de Boas Noites: ao xa en por si divertido texto de Paula Carballeira sumóuselle a creatividade de Berrobambán, unha compañía referencial no teatro infantil: cóntannos a historia de Xiana, unha nena que leva unha vida tan estresada que non ten tempo para xogar. Por iso non quere durmir pola noite, un tempo precioso que ela prefire investir en descubrir cousas novas e vivir aventuras. E coa compaña de Pedro Chosco, emprenderá unha viaxe emocionante a través dos soños dos nenos, e tamén dos seus medos. Como nas montaxes anteriores, Buh! ou A Cabana de Babaiagá , Berrobambán aborda os medos dende o humor e a emoción.
A dirección da montaxe corresponde a Jorge Padín, director e responsábel da formación de actores e actrices no Taller de Teatro TAT en Logroño. O elenco intégrano, ademais da propia Carballeira (nai de Xiana e Muller do Saco), Chiqui Pereira, que encarna a Pedro Chosco, Lorena Conde, que interpreta ao clásico Monstro fedorento, Manolo Vázquez, quen , ademais de coordinar a música, dá vida ao pai de Xiana, e a protagonista: Anabell Gago, gañadora de dous premios María Casares, interpreta á nena inqueda e curiosa que non quere durmir.
A montaxe conta con música en directo, a cargo de Vadim Yukhnevich (acordeón), Begoña Riobó (zanfona) e Pablo Pérez (contrabaixo), ritmo trepidante, unha escenografía chea de trucos e sorpresas, e, sobre todo, moito, moito humor. Ao longo de hora e cuarto, esta divertida proposta de Berrobambán fará gozar a grandes e pequenos.
Moitas máis Boas Noites
Antes de irmos a Xixón, teremos máis oportunidades de ver a obra: o 21 de decembro ás 18.30 estarán no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, e o 27, ás 17.00, no Teatro Principal ourensán. Xa para xaneiro, estarán no Teatro Rosalía de Castro toda unha fin de semana: o 20, ás 17.30, e o 21 e 22, ás 11.30 (e aínda volven o 29 e 30 á mesma hora). O 27 dese mes ás 18.00 pasarán polo Pazo da Cultura de Carballo.
Abren o mes de marzo, o mesmo día 1, cunha actuación ás 18.00 no Centro Social Caixanova de Pontevedra, e péchano o 28 no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, e o 29 no Teatro Municipal do Carballiño. Para o 19 de abril estarán no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, o 2 de maio no Centro Sociocultural de San Sadurniño, e o 13 no Jofre de Ferrol. O Día das Letras chegan ao Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.
E, por se alguén aínda non veu Buh!, aínda está a tempo de achegarse o 2 e 3 de marzo ao Teatro Principal de Pontevedra.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.