
O Camiño de Santiago é un dos principais bens do patrimonio cultural galego. Para garantir a súa conservación e protección, a ConsellarÃa de Cultura e Deporte organizará charlas para mellorar o coñecemento das súas normas de protección naqueles concellos polos que pasa o Camiño de Santiago Francés.
O director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, presentou na Casa de Cultura de Sarria o programa destas xornadas xunto coa subdirectora de Protección da Cidade e Camiños de Santiago, Teresa Nieto; e o alcalde da vila e presidente da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, Claudio Garrido.
Explicar o sistema de protección
As charlas están dirixidas ao público en xeral, especialmente aos residentes nas parroquias do territorio histórico do camiño Francés. O seu obxectivo é explicar cales son as zonas de protección do Camiño, que actividades requiren autorización e cales son os criterios que se aplican nesas autorizacións; asà como o procedemento que as persoas interesadas deben seguir: presentación de solicitudes, documentación, prazos, etc.
As charlas van ser impartidas por arquitectas da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural nos concellos de Sarria, Samos, Monterroso, Paradela, PortomarÃna, Melide, Palas de Rei, Pedrafita, Arzúa, Triacastela e O Pino.
O calendario é o que segue:
28 de novembro
Sarria, Casa da Cultura
29 de novembro
Melide, Edificio Multiusos
Paradela, Centro Social
PortomarÃn, Casa da Cultura
13 de decembro
Arzúa, Casa da Cultura
Palas de Rei, salón de plenos do Concello
Monterroso, Centro Social da Parroquia de Lingonde
20 de decembro
Pedrafita, Casa do Concello
Triacastela, Casa do Concello
Samos, Casa do Concello
21 de decembro
O Pino, Casa da Cultura
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.