
“A nosa previsión é que a finais de 2008 estea dispoñible o servizo de conexión a Internet no 100 por cento das localidades do noso territorio, ou dito de xeito máis elocuente: haberá cobertura total no acceso a banda ampla nun prazo máximo de trece meses”. Deste xeito manifestou Emilio Pérez Touriño o compromiso do seu Goberno de estender a banda ampla en todo o territorio galego. O presidente da Xunta realizou este anuncio no decurso do acto de celebración do VIII aniversario de R, no decurso do cal se presentou a oferta de telefonÃa móbil da compañÃa, que estará dispoñible en decembro.
O máximo mandatario galego salientou a aposta da Xunta de Galicia por xeneralizar no paÃs o uso das tecnoloxÃas de comunicación máis avanzadas. AsÃ, sinalou que o Goberno que preside promoveu nos últimos dous anos a extensión da banda ampla nos núcleos poboacionais galegos, de xeito que hoxe o 82 por cento da poboación ten posibilidade de acceso a internet a través de banda ampla, pois é unha realidade en 23.000 das 30.000 localidades galegas. “O acceso a Internet é unha posibilidade real no 77 por cento das localidades galegas, cando antes da nosa chegada ao Goberno, a cobertura unicamente representaba o 4 por cento do total”, aseverou.
Paralelamente, Pérez Touriño significou a aposta do Goberno galego “de agrandar cada dÃa o nivel de autoesixencia e de contribuÃr firmemente ao desenvolvemento dun territorio que sexa capaz de beneficiarse, sen antigas barreiras, das vantaxes que achega a Sociedade da Información”.
Por todo isto, o presidente da Xunta asegurou que o Goberno galego “ten apoiado, e vai seguir dedicando recursos” á extensión “da rede de fibra óptica por todo o territorio” na procura de que Galicia “continúe sendo referente de eficiencia e innovación, a través de logros como o de estar situados á cabeza de España no uso das conexión a Internet de alta velocidade”.
Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información
Polo tanto, segundo explicou Pérez Touriño, a “rápida” extensión de R en Galicia vaise ver respaldada por iniciativas concretas postas en marcha polo Goberno autonómico que teñen como fin “universalizar no noso paÃs as infraestruturas da Sociedade da Información”. Entre estas iniciativas destaca, tal e como resaltou o presidente da Xunta, o Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).
No marco deste Plan, segundo lembrou Touriño, R é o grupo encargado “de facer medrar a banda ampla nos núcleos rurais”, actuación na que se están a investir 134,7 millóns de euros, “dos que 39 corresponden á achega directa da ConsellerÃa de Innovación e Industria”.
O máximo mandatario galego aproveitou a súa intervención no acto para resaltar a evolución deste operador na Comunidade Autónoma, desde as súas orixes en 1999, cun primeiro crédito obtido do Banco Europeo de Investimentos “e coa garantÃa dun sindicato bancario ofrecido por Caixanova” ata a situación actual, na que R está en condicións de dar cobertura de servizo a 1.220.000 persoas, “é dicir, ao 45 por cento da poboación galega”.
“A expansión de R, a súa cota de mercado, o nivel de satisfacción dos usuarios e mesmo a prontitude en entrar en beneficios, varios meses antes do previsto ao inicio, son a mellor xustificación de que o operador galego e os seus accionistas atinaron de cheo na súa esforzada estratexia de crear unha rede propia, en contra da tendencia xenérica do mercado baseada no aluguer de infraestruturas”, considerou Touriño.
Ademais, o presidente da Xunta non quixo desaproveitar a súa participación no acto para resaltar “a absoluta identificación do proxecto de R, desde a súa orixe, coa comunidade galega”.
Por último, Pérez Touriño concluÃu sinalando que “desde o Goberno galego desexamos que a compañÃa acade os mesmos éxitos empresariais” nos ámbitos da telefonÃa móbil e da televisión dixital interactiva, servizos que R porá en marcha en breve. Este, asegurou Touriño, “será o mellor sÃntoma de que Galicia continúa cimentando a todo un lÃder sectorial e de que as autopistas da información viaxan polo noso territorio á velocidade á que non logran chegar moitas das sociedades avanzadas”.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.