Notas de prensa

Eganet achega a cultura tecnolóxica ás PEMES a través do Plan Impacto

Está estruturado en vintedúas sesións que se celebran en Santiago, A Coruña, Ferrol, Vigo, Arzúa e Ribeira Sacra.

A Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías, EGANET, vai desenvolver ata finais de ano un plan intensivo, denominado Plan Impacto, cofinanciado pola Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, para mellorar a cultura tecnolóxica no ámbito das pequenas e medianas empresas galegas e favorecer a implantación das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, TICs. O obxectivo deste Plan, que foi presentado esta mañá no Club de Prensa pola directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela; e a presidenta e o vicepresidente de EGANET, Beatriz Legeren e Manuel Pan, é formar en capacidades TIC aos xerentes, directivos e responsables das empresas e concienciar das súas vantaxes en termos de competitividade, eficiencia, e acceso a novos mercados. Pero a clave estará en facelo cun criterio eminentemente práctico e ameno, para familiarizar ás pequenas e medianas empresas coa linguaxe e os beneficios das novas tecnoloxías.

O Plan Impacto está estruturado en vintedúas sesións e once áreas temáticas, nas que se abordan con carácter monográfico os asuntos de maior interese para as empresas. A utilidade de Internet en actividades como o Turismo e a Promoción Inmobiliaria, a factura electrónica, as estratexias de e-comerce, a utilidade da Voz IP, a tradución automática e os simuladores de procesos e máquinas, serán algúns dos temas que se ofrecerán dentro deste plan. As sesións terán lugar en Santiago, A Coruña, Ferrol, Vigo, Arzúa e Ribeira Sacra e serán impartidas por empresas galegas especializadas en cada unha das materias, que presentarán demostracións prácticas nas que se visualizan os beneficios da incorporación de solucións tecnolóxicas aos procesos laborais e de produción. As empresas que impartirán as distintas materias son Aaccentia Multimedia, Abertal Comunicaciones, Asi-Red, Ava, Imaxin, RDFidelia, Interacción, Pexego, TLR Soft e Visual Publinet.

Entre outras ferramentas tecnolóxicas, o Plan Impacto aborda as solucións que representan os simuladores virtuais, que serven para reproducir nunha web o funcionamento dunha maquinaria, de procesos industriais ou dunha cadea de produción, cunha gran fidelidade. Estas animacións interactivas axudan a optimizar procesos, aforrar custos de consumo e recursos, a realizar autoaprendizaxe deslocalizado, etc. tendo sido xa experimentados en Galicia con éxito por industrias do sector primario ou dedicadas á fabricación de bateas, e sendo tamén de aplicación para outros usos, como a simulación de cartas náuticas para patróns de barcos pesqueiros.

Outra das materias que se abordan está dedicada a analizar as vantaxes de utilizar tecnoloxía de voz sobre IP, compartindo o mesmo medio de transmisión para información de voz e de datos, o que representa un aforro e simplificación en infraestruturas, o acceso a novos servizos e funcionalidades e un importante aforro en custes ao empregar as redes IP para conectar ás empresas coas súas delegacións remotas, colaboradores, teletraballadores, clientes e provedores a través de Internet.

As tecnoloxías lingüísticas tamén van ter cabida no ‘Plan Impacto’, que exporá as solucións para mellorar a calidade da documentación empresarial mediante sistemas de corrección, buscas intelixentes e a súa internacionalización, mediante sistemas de tradución automática, como o Opentrad, o primeiro sistema de tradución automática en programación libre, que permite o seu uso gratuíto e o seu acceso rápido a través da web Opentrad.com. O tradutor 'Opentrad' xa está en funcionamento e está sendo utilizado, entre outros, polas administracións públicas e por diversos xornais galegos

A sesión inaugural do ‘Plan Impacto’ ten lugar na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago, onde José Ramón Pais, enxeñeiro de software da empresa Asired explicará as “Ferramentas para os novos mercados electrónicos do turismo”.

A Asociación EGANET foi creada no ano 2000 co obxectivo de estar na vangarda do coñecemento, cohesionar e fortalecer o tecido empresarial das TICs en Galicia.

Gabinete de Comunicación de Eganet, 2007-11-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES