
Alumnos galegos axudarán aos estudantes dos distintos programas de intercambio nos que participa a Universidade de Santiago de Compostela (Erasmus, Séneca, intercambios bilaterais...) a se integraren na lingua e na cultura galegas, ademais de recibiren orientación sobre a propia universidade, grazas ao Programa de Acompañamento de Estudantes (PAE).
Esta iniciativa, que se insire dentro do Voluntariado de Activación Lingüística (VAL) desenvolvido pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Emigración, botou a andar por primeira vez na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, onde tivo lugar un acto de benvinda institucional a todos os estudantes foráneos, que tiveron a primeira toma de contacto cos voluntarios galegos.
No acto estiveron presentes o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón; o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo de Santiago, Xosé Manuel Iglesias; a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López; Rubén Cela, director xeral de Xuventude e Solidariedade; Lourenzo Fernández Prieto, vicerreitor de Relacións Exteriores da USC; Julio Mirás Amor, subdirector Xeral de Planificación das Políticas de Retorno e da Inmigración, e María Teresa Cancelo, decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Carlos Callón explicou aos presentes que Galiza ten unha lingua propia cunha historia que fai que, aínda que ten moitos falantes, moita xente a queira ocultar, de aí a importancia de programas coma o PAE ou o Voluntariado de Activación Lingüística en xeral. O futuro do mundo está no diálogo e o intercambio cultural, asegurou o presidente da Mesa ante o concorrido auditorio.
Pola súa banda, Xosé Manuel Iglesias animou a todos os estudantes chegados de fóra a que vivisen os atractivos da cidade como o medio ambiente ou a arquitectura, e invitounos tamén a coñecer o noso elemento máis importante, as persoas.
O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, salientou que Galiza, un país que tivo que emigrar durante moitos anos, é agora tamén un país de acollida, algo que nos pode axudar a acabar con moitos mitos e preconceptos. A pluralidade e a diversidade, lonxe de ser un problema, é unha grandísima vantaxe, asegurou o director xeral, quen manifestou que o mellor pasaporte é a nosa historia, a nosa cultura e a nosa lingua, así que vos animo non a que vivades en Galiza senón a que vivades Galiza.
Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, explicoulles aos estudantes chegados de fóra que practicamente o 100 % dos galegos entendemos o noso idioma, que está vivo e queremos que o coñezades para que entendades a nosa maneira de interpretar a vida e o mundo a través desta lingua. Finalmente o vicerreitor de Relacións Exteriores, Lourenzo Fernández Prieto, recordou as pegadas doutras culturas repartidas por toda Compostela, boa parte delas vencelladas á historia da propia universidade compostelá.
Tempo para o encontro e as visitas culturais
Ao longo desta semana de recepción do PAE, programa que se estenderá durante todo o curso, están previstas numerosas actividades en grupo, nas que se inclúen visitas ao Parlamento de Galiza ou aos principais museos da cidade, así como unha degustación gastronómica ou proxeccións de cinema en galego. Os voluntarios galegos recibirán a formación necesaria para poder asesorar os foráneos, e tamén se lles proporcionarán propostas de lecer para continuar co acompañamento de estudantes ao longo do cuadrimestre.
Os estudantes da USC que desexen ser voluntarios e os foráneos que se interesen por participar no programa deberán cubrir os correspondentes cuestionarios na páxina do VAL (www.valingua.org). Está solicitado un crédito de libre configuración para todos os que participen no PAE.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.