
Os alumnos de cuarto de primaria do CEIP dos Tilos participaron na inauguración da exposición Historia da Literatura Infantil Galega: Cen anos de literatura infantil instalada no ximnasio do seu centro. Durante o acto contaron cuns contacontos de luxo, os alcaldes de Brión e Teo, Xosé Luis GarcÃa e Martiño Noriega. O deputado provincial e o rexedor teense leron dous contos da tradición popular en galego, O traxe novo do rei e O fillo do rei. Os alumnos de 9 anos de cuarto curso estiveron moi atentos a esta lectura dramatizada dos dous polÃticos.
A exposición da Deputación da Coruña está realizada en colaboración coa Editorial Galaxia e a través de doce paneis e material audiovisual realiza un repaso polos cen anos da literatura infantil en galego. A mostra está aberta en horario de mañá para os centros escolares do concello e durante a primeira semana recibirá a visita de máis de 200 escolares, sobre todo do centro dos Tilos.
O concello facilita autobuses para o traslado dos escolares dos outros centros do municipio. Unha vez na exposición a pedagoga e animadora socio-cultural Erika Parente realiza unha visita didáctica guiada de 50 minutos a cada grupo. A exposición está organizada en cinco partes ou etapas históricas: Os Fundadores (1897-1949); Os Pioneiros (1950-1975); A Normalización (1976-1989); A Consolidación (1990-2002) e, por último A Sementeira de Futuro (2003-). A mostra conta cun video de dez minutos sobre a presenza da ilustración na literatura infantil e xuvenil galega.
En función da idade dos grupos Erika realiza diferentes talleres con eles. “Mentres ós máis pequenos lles fago un contacontos, os alumnos de terceiro e cuarto realizan unha actividade de pintura rápida e os maiores participan nun xogo de preguntas que teñen que respostar buscando nos paneis da exposición” explica a guÃa.
A exposición está aberta ao público polas tardes de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 horas.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.