
A Asociación Val de Láncara, representada por Carlos López Sierra –secretario-, presentou no CIP o resultado das votacións do Xurado do VI Premio Ramón Piñeiro “Facer PaÃs”, en compañÃa do Alcalde de Láncara, DarÃo A. Piñeiro; AnÃbal Piñeiro, irmau de Ramón Piñeiro; Xesús Tourón, representante das Asociacións Culturais da Comarca, e de Xurxo RodrÃguez Lorenzo, director do Colexio Público “Ramón Piñeiro”.
A votación do Xurado deu como resultado que sexa o semanario “A Nosa Terra” quen este ano, sexa quen de gañar o Premio Ramón Piñeiro “Facer PaÃs”.
Acta da Xuntanza do Xurado:
VI PREMIO RAMON PIÑEIRO “FACER PAIS”
Na Casa de Láncara, o dÃa vintese de agosto de 2007, reunÃronse, previa convocatoria formal, para procederen á correspondente votación entre os candidatos propostos para a obtención do SEXTO PREMIO “RAMON PIÑEIRO LÓPEZ” de “FACER PAÃS”, as seguintes persoas:
- Manuel Fernández Arrojo, pola Asociación VAL DE LANCARA.
- Esther Carro Vázquez, pola Asociación O NOSO LAR, de Pobra de San Xiao-Láncara.
- Iago Bande, pola Asociación ALPENDRE de Pobra de San Xiao-Láncara.
- Xurxo RodrÃguez Lozano, polo Colexio Público Ramón Piñeiro de Pobra de S. Xiao-Láncara.
- Celestino RodrÃguez, en representación do Concello de Láncara.
- Xesús Vila Tourón, pola Sociedade Cultural e Recreativa LA UNION e CLUB UNESCO, de Sarria.
- Xosé Recimil Tábora, pola Asociación MUIÑEIRA de Sarria.
- Alba MarÃa López López, pola Asociación ARCAS e IRMANDADE SARRIA-GUERLEDAN, de Sarria.
- Julio Páramo López, polo Clube TEIXO de Sarria.
- Milagros Núñez Pérez, pola Asociación PELERIÑOS de Sarria.
- Jaime Félix López Arias, pola Asociación FORO XURIDICO SARRIAO “DIEGO PAZOS” de Sarria.
- Elvira Pallares, pola Asociación SARRICANTA de Sarria.
Actuou como Secretario de actas, o da Asociación convocante, Carlos S. López Sierra.
Aberto o Acto, fÃxose relación das corenta e dúas candidaturas polas diferentes asociacións culturais galegas, con expresión dos méritos alegados polos respectivos presentadores.
Efectuada a votación, entre todas as candidaturas formalizadas, resultou ser premiada A NOSA TERRA, porque esta cabeceira xornalista, desde 1907, e por riba das dificultades e atrancos derivadas das continxencias polÃticas, sociais e económicas, mantivo sempre, mesmo dende o exilio, a defensa da identidade nacional de Galicia, sendo referencia activa e constante no proceso de difusión, normalización e xeralización do noso idioma escrito, plataforma onde confluiu ao longo dos anos o labor e compromiso coa Terra dos máis activos forxadores e defensores da súa identidade, sendo moitos deles vÃctimas da represión por causa do seu posicionamento a prol de Galicia. E tamén porque, adaptándose aos tempos, e a traverso dun proxecto editorial ambicioso e da presenza nas novas redes de difusión, contribúe de maneira destacable á recuperación da nosa memoria social.
Todos os presentes manifestaron a súa satisfacción pola designación acordada e facultan a “Asociación Cultural VAL DE LANCARA”, para que llo dea a saber á entidade premiada, a mayor brevidade, e programe os actos de homenaxe e entrega de galardón.
E non habendo máis asuntos que tratar levántouse a reunÃon, e eu secretario certifico.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.