
Desde mediados de xullo a comezos de agosto, celebrouse no Castro de Viladonga (Castro de Rei-Lugo) un campo de traballo dedicado á arqueoloxÃa no que participaron 11 mozas e mozos de España, Francia e Corea, acompañados dun director de campo e tres monitores. Con este motivo organizouse unha campaña de excavacións arqueolóxicas na que participaron 5 arqueólogos e 6 auxiliares, arredor dos que xirou a actividade dos participantes no Campo.
A excavación efectuada centrouse na porta de entrada á croa do castro, e tivo como resultado material un tesouriño de trescentas
moedas que na actualidade están estudiándose, xunto con diverso
material que se data nos séculos IV e V da nosa era, época na que o Castro de Viladonga rexistrou importante actividade. Despois da
excavación propiamente dita, trabállase na consolidación da zona onde se efectuou a intervención.
O Castro de Viladonga é un dos máis importantes de Galicia, e un verdadeiro exemplo de recinto castrexo dominador dun amplo contorno da Terra Chá, con outros varios castros menores a pouca
distancia. O seu museo garda os achados efectuados nos diversos
traballos arqueolóxicos, cunha importante vertente pedagóxica para que o visitante –especialmente os nenos– poidan ter cabal idea do que foron estes xacementos e a súa longa utilización desde antes da chegada dos romanos ata a desaparición do Imperio.
Este Campo de Traballo foi organizado pola ConsellerÃa de Cultura
e Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia de
Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, contando coa colaboración da dirección e cadro profesional do Castro de Viladonga, e constituÃu unha excelente oportunidade para achegar ós participantes á nosa historia soterrada, que pouco a pouco facilita datos de como foi a vida nesta terra hai preto de dous mil anos.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.