Notas de prensa

Inaugurada a exposición do artista británico Wedgwood Stevton

Exhíbese na Fundación Granell enmarcada no ciclo Xoves Poéticas Surrealistas e baixo o título: Aviary.

A Fundación Granell inaugura unha nova entrega do ciclo de exposicións Xóves Poéticas Surrealistas : Aviary, do artista británico Wedgwood Steventon.

Xóves Poéticas Surrealistas é un ciclo con programación propia, que acolle exposicións individuais de aqueles novos valores da arte galega , nacional e internacional que reinterpreten coa súa obra o legado da arte surrealista.

Aviary está formada por 24 colaxes realizados entre os anos 2002 e 2005. A mostra reflexiona sobre un dos grandes alicerces do pensamento surrealista : a idea de liberdade. Estamos diante de unha obra poboada de paxaros de diferentes especies reais, acompañados por outros conformados pola libre asociación destes con outros seres que teñen coartada a súa liberdade como a muller- no surrealismo adoitase asociar a imaxe da muller coa do paxaro. Lonxe do que poda parecer, a idea de utilizar o paxaro engaiolado como signo inequívoco da privación de liberdade, non é utilizada aquí de forma obvia : os paxaros están pechados nunha gaiola de memoria, de recordo, na vella casa da Garda Costeira británica no lugar de Prusia Cove Cornwal, na que o artista se hospedou durante unha semana no ano 2002.

No texto que acompaña á mostra, o artista recolle as sensacións vividas neste lugar, vivencias que son claves á hora de desencadear o proceso creativo da obra presenta na Fundación Granell :

...A casa na que me hospedei era unha vella casa da Garda Costeira. No seu día foi grandiosa, pero agora está algo deteriorada. Gris e decrépita, está amoblada con obxectos que viviron mellores épocas, decorada con pinturas de artistas descoñecidos, e estantes poboados por libros tamén de autores descoñecidos. Un lugar cheo de recunchos segredos, e impregnado dun aire cargado de memoria. Non era un lugar para un espírito libre.

...De noite o ceo estaba case completamente preto. Con unhas poucas estrelas e un disco lunar amarelento. Na escuridade os paxaros nocturnos escoitábanse por riba do son do mar. Todo destilaba un ambiente de misterio que invitaba á exploración...
....Un día de chuvia e tormenta comecei a fotografar o interior da casa. A idea era gardar as imaxes para un traballo no futuro. O que se me ocorrera. Nese momento nada en particular....
.Ó marcharme de Prusia Cove para volver á miña casa, un paxaro pasou por riba da vella e decrépita construción facendo ouvir o seu queixume, e desapareceu por riba do mar. Neste preciso momento, o artista decide casar as fotos da casa con un libro de colaxes que atopara en París o pasado ano, e completar o traballo con fotos de interiores dos fogares dos seus camaradas surrealistas- Wedgwood Steventon pertence ó grupo surrealista da cidade de Leeds, grupo co que expuxo na exposición colectiva Revelación Profana no ano 2005, na Fundación Granell.. No texto, queda patente a vinculación do artista co surrealismo, tanto no uso de procedementos plásticos de composición da obra como o colaxe, como na utilización de mecanismos como o object- trouveé a máis de partir na súa poética de conceptos como a busca do marabilloso no cotía - da poesía e o misterio agochado no mundo que nos rodea- , e da valoración do azar como parte integrante do proceso creativo.

Monse Cea (Gabinete de Prensa da Fundación Granell), 2007-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES