A ConsellarÃa de Innovación e Industria desenvolve no Café Casino de Santiago o acto de entrega do V Premio de Xornalismo CientÃfico Galicia Innovación, convocado pola Dirección Xeral de I+D+i. Aproveitando o feito de que nesta edición o traballo gañador do primeiro premio é unha serie de reportaxes sobre mulleres investigadoras, o acto consistirá nunha tertulia-café na que investigadoras, profesionais da comunicación e asistentes ao acto intercambiarán a súa visión e opinións sobre a visibilidade das cientÃficas e do seu traballo na sociedade. Entre os asistentes estarán as investigadoras Carolina Torrón, Mariña Arbor e Tarsy Carballas, a profesora MarÃa Xosé Agra, a coordinadora do Seminario mulleres e Universidade, Montserrat Nogueira, o divulgador Xurxo Mariño e o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Vega. Trala conversa farase entrega dos galardóns.
Nesta edición, o primeiro Premio de Xornalismo CientÃfico Galicia Innovación recaeu na serie de artigos “Investigadoras”, da xornalista Iolanda Fernández Casal e publicada no xornal El Correo Gallego. Ademais, o xurado decidiu conceder o segundo premio ex aequo, compartido, ás reportaxes “Los héroes vuelven a casa", de Antonio López Mariño e JoaquÃn Pedrido Rey, publicada en La Opinión, e a “Una ventana abierta a la vida. Los caminos de la fecundación in vitro”, de Natalia Sueiro Monje e Blanca Iglesias Hervella e publicada no xornal El Ideal Gallego.
Do primeiro traballo galardoado, “Investigadoras”, o xurado destacou a iniciativa de dedicar unha serie de reportaxes ao papel da muller na investigación, combinando o contido cientÃfico e a experiencia persoal de destacadas investigadoras galegas. A serie está composta polos textos “Las claves del tren que flota”, “A sentinela do cancioneiro” e “La mentalidad masculina apenas cambió desde que estudiábamos separados”, dedicados respectivamente a achegarnos a traxectoria profesional de tres destacadas investigadoras galegas: Carolina Torrón, Mariña Arbor e Tarsy Carballas. Este galardón está dotado con 5.000 euros.
REPORTAXE SOBRE A EXPEDICIÓN DA VACINA
O segundo premio é compartido por dúas reportaxes publicadas por dous xornais coruñeses, La Opinión e El Ideal Gallego. “Los héroes vuelven a casa", de Antonio López Mariño e JoaquÃn Pedrido Rey, foi galardoada polo tratamento en profundidade de contidos históricos relacionados coa ciencia. Durante dúas fins de semana, o suplemento El Domingo de La Opinión estivo dedicado a analizar en profundidade a presenza galega na Expedición Filantrópica da Vacina, realizada fai 200 anos e decisiva na erradicación da viruela no mundo.
Pola súa banda, de “Una ventana abierta a la vida”, de Natalia Sueiro Monje e Blanca Iglesias Hervella, o xurado destacou o tratamento de contidos cientÃficos desde un enfoque social e achegado ás preocupacións dos cidadáns. A reportaxe galardoada analiza os diferentes aspectos da fecundación in vitro, desde a perspectiva médica até as dificultades das parellas que recorren a este método.
Os dous traballos galardoados compartirán a dotación do premio, 2.300 euros.
O xurado dos premios, ao que se presentaron 49 traballos, estivo composto por expertos do ámbito da comunicación e a investigación: o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia; o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, Miguel Túñez López; o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias; o delegado de Efe en Galiza, Arturo Larena Larena, e o cientÃfico e divulgador Xurxo Mariño.
Con esta iniciativa a ConsellarÃa de Innovación e Industria quere estimular a produción de textos xornalÃsticos especializados en materia cientÃfica e I+D+i. O obxectivo final é impulsar actividades mediante as que se intenta divulgar e facilitar a comprensión do que significa o desenvolvemento cientÃfico e tecnolóxico na configuración do mundo contemporáneo.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.