Notas de prensa

Ferrol acolle o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais

A festa das embarcacións celébrase no Peirao de Curuxeiras entre o 5 e o 8 de xullo e acolle participantes de toda a Península Ibérica e mesmo de Francia.

Máis dun cento de embarcacións procedentes de toda a Península Ibérica e de Francia participan na gran celebración da cultura marítima e fluvial galega en Ferrol.

O VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que está do 5 ao 8 de xullo no peirao de Curuxeiras, divulga o patrimonio marítimo mediante visitas, obradoiros, concertos, exposicións e encontros de especialistas.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ãnxela Bugallo, inaugurou o VIII Encontro, organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e que conta co apoio da Consellaría.

As embarcacións participantes suman máis de 729 metros de eslora e abranguen unha gran diversidade: desde botes a gamelas, pasando por dornas, racús, bateeiros, lanchas polbeiras e mesmo un vello galeón. Polo seu tamaño, destaca entre todas a goleta francesa Recouvrance.

A maior manifestación de patrimonio marítimo da Península

Os Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebran cada dous anos, convertéronse desde os seus inicios en 1993 na maior manifestación cultural do patrimonio marítimo e fluvial da Península Ibérica. O VIII Encontro enmárcase nun especial ambiente de pulo á cultura marítima por parte da Consellaría de Cultura e Deporte. O departamento que dirixe Ãnxela Bugallo está a levar por vilas e cidades de arraigada tradición marítima e fluvial a exposición Patrimonio do vento do sal: embarcacións tradicionais galegas, dentro do programa NaBeira.

Programa de actividades

Entre as actividades que terán lugar en Ferrol figura unha selección de exposicións e información sobre asociacións e museos galegos, portugueses, asturianos, vascos e bretóns unidos polo seu traballo a prol da cultura marítima e fluvial. Ademais, realizaranse obradoiros destinados tanto a nenos coma a maiores, a través dos que coñecer de preto os traballos das redeiras, dos cesteiros, dos modelistas navais e doutros oficios vencellados ao mundo do mar.

Unha das novidades a ter en conta neste evento será a realización de xornadas técnicas, que versarán sobre a creación dun novo marco normativo para as embarcacións tradicionais e clásicas. O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer o estado actual de uso e de protección xurídica das embarcacións tradicionais e clásicas, así como establecer liñas de traballo para o futuro de cara a elaborar un novo marco normativo común a nivel europeo para a conservación e catalogación das mesmas. Estas xornadas desenvolveranse a bordo do Hidria II, un antigo alxibe que durante o ano 2006 percorreu a costa galega dentro das actividades do Ano da Memoria da Consellaría de Cultura e Deporte.

Subir a bordo de embarcacións tradicionais

O Encontro servirá tamén para volver o ollar sobre a navegación clásica e tradicional a través de visitas guiadas sobre diferentes tipoloxías de barcos. Así mesmo, as persoas visitantes tamén poderán embarcarse a bordo dos buques clásicos ou ben nos botes de pasaxe da ría de Ferrol durante as regatas que se celebren

O Encontro estará amenizado durante os catro días por música tradicional, a cargo de grupos como Malvela, Viravolta, o Real Coro Toxos e Froles ou o grupo Os Raparigos. Desenvolverase tamén un ciclo de cine do Mar e desfiles de embarcacións tradicionais.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2007-07-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES