
As conselleiras de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez, recibiron a todos os deportistas e equipos que acadaron medallas nos campionatos de España pertencentes á Competición en Idade Escolar.
Desta forma, a conselleira de Educación, Laura Sánchez, felicitou tanto aos e ás deportistas, aos adestradores e ao profesorado polos resultados acadados e ademais manifestou a súa satisfacción polo primeiro ano do programa Deporte na Escola, posto en marcha no pasado curso escolar polas dúas consellerías. Apostamos por unha nova filosofía, para achegarnos a máis deportes, e estanse a ver os resultados. Aquí, entre os medallistas, hai moitas nenas e tamén que hai xente con minusvalías. A responsábel de Educación destacou que algúns de vós seredes os campións do futuro e outros, aínda que non sexades os primeiros, seguiredes practicando deporte durante toda a vida e iso é importantísimo.
Pola súa parte, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, destacou a importancia que para estas consellerías tiña este acto: Recibímosvos igual que o facemos con Javi Gómez Noya ou con David Cal. Pensamos que estades ao mesmo nivel que eles e queremos agradecervos o voso esforzo. Bugallo continuou destacando que o goberno galego quere recoñecer o voso esforzo. O futuro do deporte galego está nas vosas mans.
Na recepción tamén estaban presentes, a secretaria xeral da Igualdade, Carmé Adán, e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto. Adán destacou que o deporte é un espazo para a igualdade e insistiu nun principio básico: A igual esforzo, igual recoñecemento, que aparecía nunha camiseta que se repartiu entre os nenos e as nenas.
Ao remate das intervencións, as conselleiras, directora xeral e secretaria xeral repartiron regalos entre os medallistas e os seus adestradores e se realizou unha gran foto de familia.
Medallistas. A selección galega conseguiu varias medallas nos diferentes campionatos de España. Foi medallista en campo a través, voleibol, fútbol sala, judo, atletismo, triatlón, tenis de mesa e volei praia, tanto nas categorías masculinas coma femininas.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.