Identidade Galega incorpórase o Partido Galeguista
A construcción dun proxecto Galeguista unificado e común que, en sintonía co perfil ideolóxico e a traxectoria histórica dos mais de 70 anos do P.G., recolla a lexítima reivindicación identitaria da Galiza e as inquedanzas das galegas e galegos para construir o
Galeguismo do século XXI, é o cerne do acordo de incorporación de Identidade Galega ó Partido Galeguista que oficializaremos, ambalas dúas formacions políticas, nunha comparecencia diante dos medios de comunicación na cidade de A Coruña e na que participan o Presidente e o Secretario Xeral do P.G., XABIER GONZÁLEZ e MANOEL SOTO FERREIRO, xunto cos dirixentes de Identidade Galega XOSE LOIS PÉREZ e XOAN LOIS MANTEIGA.
Identidade Galegaconcurriu as eleccions ó Parlamento Galego de Xuño, na circunscripción provincial de A Coruña, acadando votos en 62 Concellos.Xosé Lois Péreze Xoan Lois Manteiga integranse na Executiva Nacional do Partido Galeguista asumindo, respectivamente, as competencias da Secretaría de Política para a Pequena e Mediana
Empresa e a Secretaría de Política Cultural.
Rolda de prensa
Convocantes: PARTIDO GALEGUISTAeIDENTIDADEGALEGA
Data: Xoves, 8 Setembro
Hora:17 horas
Local: salón Ría de Arousa, Hotel Bárcelo Coruña
Cidade: A Coruña
Comparecentes:
MANOEL SOTO FERREIRO(Secretario Xeral do Partido Galeguista)
XOSE LOIS PÉREZ(Identidade Galega)
XABIER GONZÁLEZ(Presidente do Partido Galeguista)
XOAN LOIS MANTEIGA(Identidade Galega)
Partido Galeguista (PG), 2005-09-08
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.