Emprego financia un curso de especialización e un mestrado en xestión e dirección de cooperativas e Pemes agroalimentarias
- A iniciativa desenvolverase no Campus de Lugo, pertencente á Universidade de Santiago
- O departamento autonómico achegará 46.500 euros para a súa realización
A ConsellerÃa de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais financiará con 46.500 euros un programa de formación de posgrao en materia de xestión e dirección de cooperativas e pemes agroalimentarias, que se desenvolverá no campus de Lugo, pertencente á Universidade de Santiago, durante o curso 2005-2006. O programa inclúe un Curso de Especialización e un Mestrado sobre esta materia.
A Xunta de Galicia, a través da ConsellerÃa de Asuntos Sociais, considera oportuno participar na realización deste curso tendo en conta as caracterÃsticas da economÃa galega, na que o sector primario xoga un peso especÃfico relevante, ademais da especialización formativa do campus de Lugo, cunha tradición en titulacións do eido agroalimentario, tales como as enxeñerÃas agrÃcolas e agrónomas e de montes ou veterinaria, entre outras.
MÓDULOS E DURACIÓN
A Universidade de Santiago de Compostela, ademais de comprometerse a achegar unha memoria descritiva do contido e das accións realizadas no marco do curso, desenvolverá un contorno virtual pechado para a formación a distancia dos alumnos do curso no que se incorporen todos os contidos telemáticos impartidos presencialmente. Ademais, creará un espazo virtual aberto, orientado á autoformación en materia de xestión e dirección comercial de cooperativas e pemes agroalimentarias, con especial dedicación ao ámbito cooperativo.
O Mestrado, de 710 horas de duración, incluirá os seguintes módulos formativos: economÃa sectorial; xestión de pemes e cooperativas: aspectos prácticos; contabilidade; dirección financeira; dirección empresarial; recursos humanos; xestión internacional; investigación comercial; dirección comercial; xestión ambiental; e seguridade alimentaria; ademais de charlas de empresarios e visitas a empresas. O curso rematará coa elaboración dun proxecto de fin de curso.
O Curso de Especialización, de 300 horas, presentará un programa similar ao do Mestrado, pero con contidos máis reducidos, acordes coa súa menor duración.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, 2005-07-27
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.