O Consello Galego de Universidades informa sobre os investimentos realizados pola Xunta ás Universidades galegas
Os membros do consello puxéronse ao dÃa sobre as Xornadas Comarcais, a suba das taxas universitarias e as novas publicacións editadas pola ConsellerÃa de Educación.

O Consello Galego de Universidades informou aos seus membros sobre as achegas efectuadas polas diversas consellerÃas ás tres universidades galegas, a maiores do Plan de Financiamento, que ascenden, no primeiro semestre de 2005, ao redor dos 10 millóns de euros e corresponden a 138 convenios asinados.
No mesmo senso, deuse conta, do desenvolvemento das VII Xornadas Comarcais sobre Estrutura e Acceso ao Sistema Universitario de Galicia, nas que participaron máis de 8.000 alumnos pertencentes a 182 centros de Ensino Secundario das 53 comarcas galegas.
Asemade, nesta xuntanza os membros do consello foron informados sobre a suba das taxas universitarias, nun incremento do catro por cento para o curso 2005/06, e que volve a deixar a Galicia entre os postos máis baixos do Estando en canto aos prezos públicos de matrÃcula universitaria.
No Consello ademais presentáronse catro edicións recentemente publicadas pola ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria: “15 anos de SUG”, “GuÃa de pasarelas 2005”, “Lexislación Universitaria II” e “Voluntariado Universitario de Galicia”.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2005-07-27
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.