Notas de prensa

Campaña de reciclaxe de pilas dirixida aos escolares galegos, para evitar o dano ao medio ambiente deste residuo perigoso

O Concurso Pilabot ten por obxectivo fomentar a recollida de pilas e acumuladores portátiles nos centros de ensino de primaria e secundaria galegos, xa que aínda que poida parecer un material pequeno e inofensivo, é o residuo máis perigoso e contaminante xerado polas persoas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ãngeles Vázquez, ven de presentar unha nova campaña de concienciación para incrementar a reciclaxe de pilas, baterías e cargadores, co fin de evitar o dano que este residuo perigoso provoca no medio ambiente.

A conselleira de Medio Ambiente visitou esta mañá o CEIP Nosa Señora de Xuvencos, de Boborás, onde presentou o Concurso Pilabot, que ten como obxectivo fomentar a recollida de pilas e acumuladores portátiles (baterías) nos colexios de toda Galicia e que se pon en marcha coa colaboración dos xestores de Ecopilas, ERP e Ecolec, que terá como mascota a un simpático robot chamado Pilabot.

Salientou que aínda que as pilas podan parecer un residuo pequeno e inofensivo, “é o residuo perigoso e o máis contaminante xerado polos humanos”, polo que é moi importante tratalo axeitadamente para evitar danos ao medio ambiente. A modo de exemplo, citou que unha pila de botón, como a que se emprega nun reloxo, pode contaminar ata 600.000 litros de auga, o que equivale ao consumo de 30 persoas durante toda a súa vida.

Destacou que é primordial que cada residuo se deposite en cada colector para darlle o tratamento axeitado, polo que cada cidadán cos xestos sinxelos, como a correcta separación dos refugallos que xere no seu fogar, é unha medida impagable para a conservación do medio ambiente.

Vázquez Mejuto salientou que no caso das pilas, estas atópanse en múltiples dispositivos, como xoguetes, mandos a distancia, cámaras, lanternas, reloxos, calculadoras..... polo que esta actitude de correcta separación non só se debe manter nos fogares, senón tamén nos traballos, centros de ocio e colexios, desde onde trasladar ás futuras xeracións a importancia de separar ben e depositar estes residuos nos contedores específicos.

Sumarse á campaña

A conselleira invitou aos colexios de Primaria e Secundaria a participar nesta campaña, anotándose na web www.pilabot.gal, para recibir os bidóns recolectores de pilas e material informativo.

A campaña tamén incluirá actividades informativas e charlas educativas nos centros, coa entrega de información e material sobre a campaña, e sobre a reciclaxe de pilas, así como actividades participativas e tamén se organizará un concurso de fotografía creativa #eusonpilabot, no que as tres fotos con máis “me gusta” tamén acadarán un premio.

Destacou a idoneidade desta campaña neste momento, pois os alumnos comezan a adquirir coñecementos sobre a reciclaxe de pilas, nunha época de gran consumo de pilas e acumuladores portátiles, como é o Nadal.

Así, estableceranse catro premios, que dous – de 2.500 euros- para o centro que máis quilos de pilas reúna desde o inicio da campaña ata febreiro e tamén para o centro que máis quilos recolla por alumno; tamén se fixa un galardón de 1.250 euros, cada un, para o centro que quede en segunda posición en ambas categorías.

Ãngeles Vázquez salientou que as campañas de concienciación son importantes para que a sociedade en xeral coñeza os problemas aos que se enfronta o medio ambiente e como se poden afrontar.

Afirmou que nos últimos anos se ten incrementado a concienciación da poboación con respecto ao tratamento das pilas, pero aínda queda camiño por andar; sobre todo para mellorar as cifras de 2017 (último ano do que se teñen datos completos) cando se rexistrou unha cifra de 225.356 quilos de pilas recollidas, o que supón un incremento dun 23% nos últimos 9 anos.

Por último, engadiu que reciclando este residuo non só se evita a contaminación, senón que tamén reducimos a extracción de novas materias primas preservando os recursos naturais e reducindo o elevado consumo enerxético e a contaminación que provoca a transformación de novas materias primas en produtos finais.

Xunta de Galicia, 2018-10-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES