Notas de prensa

‘Climathon Galicia 2018’, evento mundial sobre o cambio climático

Climathon, que naceu en 2015, chegou a Galicia en 2017, e xa reuníu propostas de 16 millóns de persoas de máis de cen cidades, xirará en tres cuestión centrais: onde estamos? Cara onde se quere ir? e Como chegamos alí?

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda invita á sociedade galega a participar no evento mundial por referencia sobre o cambio climático, Climathon 2018, que por segunda vez se celebrará en Galicia, co fin de escoitar as propostas e iniciativas dos galegos para loitar contra o cambio climático.

O Climathon é unha reunión simultánea en diferentes cidades do mundo, na que se abordan os desafíos climáticos para buscar solucións novidosas e pioneiras aos retos que representa este fenómeno. Este evento de alcance mundial sobre o cambio climático celebrarase o vindeiro 26 de outubro en Santiago de Compostela, sumándose así a máis de 100 cidades de diferentes países, que participan nesta iniciativa impulsada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) e a Unión Europea.

Na edición deste ano, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático -organizadora do evento- seleccionou o lema ‘Menos residuos, menos emisións, para abordar esta cuestión desde tres niveis, a innovación, a xestión dos residuos e a comunicación e sensibilización social.

Unha das novidades que incorpora o Climathon é a celebración paralela dun Diálogo de Talonoa entre todos os asistentes ese día. Trátase dunha iniciativa lanzada durante a conferencia das Nacións Unidas sobre cambio climático en Bonn a finais do 2017 (COP 23), sendo o seu obxectivo xerar un diálogo inclusivo, participativo e transparente, compartir historias, construír empatía e tomar decisións para o ben común.

O método Talanoa crea un espazo proclive ao intercambio de ideas e á toma de decisións colectivas para cumprir os obxectivos do Acordo de París sobre cambio climático. Así, no espazo reservado para esta acción solicitarase aos asistentes propostas en torno a tres cuestións centrais: Onde estamos? Cara onde queremos ir? Como chegamos alí?

As mesas e paneis organizados xirarán en torno á innovación e á economía circular e como este modelo de produción, que aposta por dar unha nova vida aos refugallos e mantelo o máximo tempo posible na cadea de produción e, en consecuencia, facendo unha mellor xestión dos recursos e materias primas. Os residuos tamén será unha cuestión importante neste encontro, polo que se abordará desde distintos puntos de vista, como a súa presencia no día a día, así como medidas para evitar a súa xeración.

Aberto a todos os cidadáns

O encontro de traballo está aberto á participación de toda a cidadanía, facendo un chamamento para que todos os estudantes, investigadores, emprendedores, axentes sociais e persoas con inquedanzas ante o reto do cambio climático participen neste evento. As ideas e propostas serán avaliadas mediante dinámicas de grupo que contarán coa axuda de expertos que contribuirán a favorecer o debate e a xerar unha proposta coherente e competitiva.

A xornada terá lugar o venres, 26 de outubro de 10 a 22 horas, no Centro Obra Social Abanca. Na cita tamén participarán expertos para achegar a súa visión, experiencia e coñecementos sobre economía circular e os retos da adaptación ao Cambio Climático.

Xunta de Galicia, 2018-10-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES