Notas de prensa

Volven as xornadas “FAITE DIXIT@L”, para coñecer a nova sede electrónica da Xunta de Galicia

O ciclo coincide co sétimo aniversario da entrada en funcionamento da sede electrónica do da Xunta, recentemente renovada, e está dirixido aos responsavbles das aulas CeMIT e aliados dixitais, así como ao persoal dos concellos e persoas usuarias interesadas.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha durante os meses de outubro e novembro as Xornadas prácticas “Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova sede electrónica da Xunta de Galicia” nas catro provincias galegas .

A sede electrónica entrou en funcionamento hai xusto sete anos e recentemente púxose en marcha una nova versión máis sinxela e accesible, enfocada ás necesidades e prioridades do usuario. A nova sede está adaptada a un mellor uso desde dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do tipo de colectivo e incorpora contidos por campañas.

Para facilitar o labor de acompañamento e formación á cidadanía dos responsables das aulas CeMIT e dos aliados dixitais do Plan de inclusión Dixital de Galicia, a Amtega ofrece esta formación, que se abre tamén ao persoal dos concellos galegos e calquera outro usuario interesado. Nas xornadas abordaranse os seguintes contidos:

• Os sistemas de identificación e sinatura electrónica: Certificados electrónicos e Chave365.
• A Sede electrónica da Xunta de Galicia: A nova interface e a xestión dos trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
• Notifica.Gal: Trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
• Outros sistemas de administración electrónica.

Cos coñecementos adquiridos, posteriormente organizaranse na Rede CeMIT actividades formativas para espertar o interese e reforzar a confianza das persoas no uso dos servizos públicos dixitais.

Adicionalmente, porase a disposición de todos os participantes os contidos formativos tratados nas xornadas a través da plataforma de teleformación EMA.

Inscrición e datas

As persoas interesadas en adquirir coñecementos en Administración Electrónica e en organizar actividades formativas sobre esta temática na rede de aulas CeMIT poderán inscribirse gratuitamente cubrindo un formulario accesible na web da Rede CeMIT: https://cemit.xunta.gal/frm_xornadas_sede.

Durante outubro e novembro, realizaranse as 4 xornadas “Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova sede electrónica da Xunta de Galicia” en horario de 10:00 a 14:00:

• 23/10/2018 na Aula de informática da Delegación Provincial de Ourense
• 25/10/2018 na Aula de informática da Delegación Provincial de Lugo
• 13/11/2018 na Aula de informática da Delegación Provincial da Coruña
• 13/11/2018 na Aula de informática da Delegación Territorial de Vigo.

Avances na Administración dixital

O sistema de indicadores do Plan de Goberno e Administración Dixital de Galicia 2020, elaborado pola Amtega, pon de manifesto a importante evolución no uso e implantación dos diferentes servizos dixitais. Entre xaneiro e xuño de 2018, o 53% das xestións rexistradas pola Administración autonómica se presentaron online, a través da sede electrónica da Xunta ou das oficinas virtuais. No mesmo período de 2017, o porcentaxe de presentacións a través de Internet foi do 44%.

Co fin de achegar as vantaxes da xestión online a todo o mundo, no marco do Plan formativo sobre o uso dos servizos dixitais da Amtega está previsto que ao longo deste ano se realicen máis de 3.800 horas de formación gratuíta distribuídas en 480 actividades tanto presenciais, nas 98 aulas da Rede CeMIT, como online, a través da plataforma de teleformación EMA.

Ata setembro de 2018 xa se levan impartidas máis 300 actividades formativas na Rede CeMIT de forma presencial e online, con máis de 2.100 horas de formación nas que participaron máis de 1.000 empresas, entidades e cidadáns.

Xunta de Galicia, 2018-10-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES