Notas de prensa

O concurso Innovatia 8.3. premia a HGBeyond, promovida pola USC, como mellor iniciativa empresarial de base tecnolóxica

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e a USC entregaron en Madrid os premios da primeira edición do Concurso Innovatia 8.3. ás iniciativas empresariais HGBeyond e Frame, as dúas lideradas por mulleres e creadas co apoio das súas universidades, as de Santiago de Compostela e Carlos III de Madrid.

Os galardóns entregáronos esta mañá a secretaria de Estado de Igualdade, Soledad Murillo de la Vega, e o reitor da USC, Antonio López Díaz.

HGBeyond, gañadora na modalidade de iniciativa empresarial de base tecnolóxica, xurdiu en 2015 como unha spin-off da USC para explotar e comercializar resultados relevantes do grupo de Investigación I+D Farma e desenvolver solucións biosanitarias, con aplicación directa na industria oftálmica. Concretamente, desenvolve lentes de contacto con capacidades extraordinarias de liberación controlada de substancias activas para tratar enfermidades do segmento anterior do ollo, tales como procesos inflamatorios e de alerxia, ademais de glaucoma ou enfermidades relacionadas coa diabetes. Este premio está dotado con 10.000 euros e asesoramento personalizado durante seis meses por unha profesional referente no sector.

Pola súa parte, na categoría de Startup, cun premio de 7.000 euros e asesoramento de tres meses, a galardoada foi Frame, nada no seno da Universidade Carlos III de Madrid. As súas promotoras desenvolveron un sistema de drons equipados con intelixencia artificial, listos para despegarse tras calquera catástrofe, que se coordina autonomamente durante o voo para rastrear unha zona afectada. O resultado é un mapa pos-desastre no que se indican as vías de evacuación, os cambios nas infraestruturas e os núcleos de poboación afectadas, permitindo aos equipos de emerxencia elaborar un plan de evacuación de vítimas eficiente.

USC pioneira

As dúas iniciativas foron elixidas de entre un grupo de finalistas no que ademais figuraban Applynano Solutions S.L. (Universidade de Alacante) e Tastelab S.L. (USC), na modalidade de Base Tecnolóxica, e Minervas Voice, S.L. (USC) e Mundoarti Global SL: Competicións de arte (Politécnica de Valencia), na de Startups.

Todas as súas responsables asistiron esta mañá á cerimonia de entrega de premios na sede da Secretaría de Estado de Igualdade, na que o reitor compostelán lembrou que a USC foi pioneira en España na súa aposta polo apoio ao emprendemento das mulleres, “sabendo que son maioría nas aulas e que son xeradoras dos mellores expedientes académicos formando un capital intelectual que a sociedade non debe desaproveitar”. A este respecto, subraiou que a USC lidera Innovatia 8.3, un movemento de ámbito estatal para integrar a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e de creación de empresas de base tecnolóxica “que dará valor ao coñecemento visibilizando as mulleres nas universidades”.

Innovatia 8.3.

Innovatia 8.3 (Innovación+Tecnoloxía/Coñecemento=Mulleres 8 de marzo) é un programa dirixido a fomentar o empresariado feminino no ámbito científico-tecnolóxico e a crear un modelo de intervención que elimine a brecha de xénero existente neste sector. Entre unha das súas accións, este programa convocou o concurso que, co financiado polo Fondo Social Europeo, hoxe entregou os seus premios e ao que se presentaron 14 iniciativas da primeira categoría e 24 da de startups, con representación total de 21 universidades españolas.

Universidade de Santiago de Compostela, 2018-10-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES