GaliciaDigital renova o seu deseño gráfico
Case sempre se cumpre aquilo de “Na casa do ferreiro…”, e en GaliciaDigital non somos unha excepción. De todos os xeitos, de cando en vez tentamos buscar un intre para ir “coidando” as nosas propias webs, e agora tocoulle ao noso portal principal, GaliciaDigital, coincidindo ademais co seu 18º aniversario. Esta semana lanzamos unha nova versión do noso portal, que inclúe un redeseño gráfico máis adaptado ás tendencias actuais.
Ademais, melloramos a experiencia de navegación desde dispositivos móbiles, que a dÃa de hoxe xa son maiorÃa no total de dispositivos que se conectan connosco.
En fin, aos poucos imos mellorando a nosa plataforma, e esperamos que desfrutedes estes cambios.
18 anos de GaliciaDigital
Cumprindo os dezaoito anos falar de “unha nova GaliciaDigital" é arriscado: O que experimentamos agora é unha renovación estética en profundidade para acomodarnos aos novos tempos, aos novos gustos, ás novas tendencias, sen perder nada da nosa historia e tradición.
Se reestruturamos algúns dos nosos portais e contidos é para darlle maior valoración ou énfase aos temas culturais, sociais, de opinións e de xentes, renovándonos dentro do paulatino crecemento, evolucionando para sentir e facer sentir que seguimos abrindo camiño neste infinito territorio inmaterial que entre dous séculos comezamos a labrar para que, cada dÃa, sexamos máis unha GaliciaDigital.
GaliciaDigital, 2018-10-04
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.