Notas de prensa

Preto de 11.000 empregados públicos acóllense a medidas de flexibilidade horaria ou teletraballo

Preto de 11.000 empregados públicos da Administración autonómica están a acollerse actualmente á flexibilidade horaria e ao teletraballo como fórmulas de conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Estas novas modalidades de traballo da administración galega puxéronse en marcha en 2014 e desde ese ano os datos están demostrando que están acadando unha boa acollida e que supoñen vantaxes, tanto para a organización como para os traballadores.

Segundo os últimos datos a 31 de xullo, 10.694 empregados públicos están facendo uso da flexibilidade horaria na súa xornada de traballo, o que supón un incremento de 416 traballadores máis sobre a cifra rexistrada en decembro de 2017.

Esta flexibilidade pode ser automática, que mantén un horario fixo de presenza diaria de 9,00 a 14,30, mentres que a franxa flexible ata completar a xornada laboral é a restante, isto é, entre 7,30 e 9,00; e entre 14,30 e 18,30. Tamén pode ser por motivos de conciliación , no caso de ter fillos menores de 12 anos ou persoas dependentes ao cargo. Nestes casos, a franxa de traballo permitida esténdese entre as 7,30 e as 18,30 horas de luns a venres (agás nos casos nos que sexa preciso establecer unha franxa de traballo obrigatoria).

Actualmente, hai 9.334 empregados con flexibilidade horaria automática, e 1.360 por razóns de conciliación, o que suma un total de 10.694.

Por xénero, a maioría das solicitudes autorizadas de flexibilidade automática son de mulleres (64,18%), unha porcentaxe que aínda é lixeiramente superior no caso da flexibilidade por razóns de conciliación (71,02%).

Teletraballo

Ademais da flexibilidade, os empregados e empregadas públicas poden desenvolver as súas tarefas fóra das dependencias da Administración autonómica mediante o emprego de novas tecnoloxías, sempre e cando cumpran unha serie de requisitos e que a natureza do seu posto o permita. O número máximo de xornadas que poderán efectuarse nesta modalidade serán de 3 á semana.

Actualmente, un total de 296 persoas prestan servizos a través desta modalidade de traballo non presencial, a maioría deles (67,90%) nos servizos centrais. Deste total, 174 corresponden a prórrogas, froito da boa experiencia e beneficios desta medida. Por xénero, as mulleres representan o 50,47% das persoas que están teletraballando, e os homes, o 49,53%.

Os postos autorizados para teletraballo por tipoloxía son fundamentalmente asesores xurídicos, corpos de inspección (farmacéutica, urbanística, de traballo, de saúde pública...), tradutores, informáticos, e outros postos que desenvolven funcións que poden ser desempeñadas cun grao alto de autonomía e a distancia.

Xunta de Galicia, 2018-08-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES